займ срочно

Brión aproba 450.00 euros de investimento a través do POS da Deputación

0

Bisbarra, 9 de febreiro do 2023 – O pleno municipal de Brión aprobou, nunha sesión extraordinaria, os investimentos correspondentes ao POS+ 2023 da Deputación.

A esa partida hai que engadir 244.349,8 euros que a sesión decidiu destinar a gasto corrente. Esta parte do POS+ irá destinada na súa maior parte á financiación do alumeado público, a recollida do lixo e limpeza viaria.

O Plan Complementario da Deputación servirá para a mellora da estrada que une a rúa Gondar co límite do municipio, nn proxecto ao que se destinan169.480,25 euros; e a dous proxectos: mellora do viario entre Esparís e a DP-1302 e mellora de estrada na Telleira que suporán un custo de 278.955,43 euros.

Ademais, Brión sumarase ao POS Adicional 2023 para gastos sociais extraordinarios, polo que recibirá outros 71.268,69 euros para axudas de conciliación e respiro familiar, emerxencia social e para a contratación dun auxiliar administrativo para facilitar a tramitación de expedientes no Departamento de Servizos Sociais.

Ratificación de convenios

O Pleno ratificou varios convenios asinados nas últimas semanas polo Concello de Brión como o de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Deputación en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais por un período de dous anos. Prorrogouse ademais, por seis meses, o vixente con Espina e Delfín para a prestación do servizo de abastecemento de auga no municipio, concretamente ata agosto de 2023. Trátase da derradeira prórroga deste contrato, á espera da licitación dun novo expediente.

Por outro lado, o Pleno aprobou, cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG, un convenio asinado entre o Concello de Brión e o Concello de Negreira para solicitarlle unha subvención de 125.738,58 euros ao Agader para construír unha tiroliña sobre o río Tambre para unir os dous municipios. O alcalde, Pablo Lago, explicou que se trata dun proxecto que sería financiado 100% polo Agader e que só se faría realidade no caso da consecución da subvención precisa.

Lago explica que “A tiroliña sairía de Negreira e chegaría ata a nave de piragüismo de Ons, paralela á ponte que vai ampliar a Deputación da Coruña. A intención é poñer en valor esta zona. Nós queremos facer máis atractiva esta contorna e promover a ruta de sendeirismo do Pozo Negro”.

A intención é que “unha vez construída a tiroliña, sexa licitado o servizo e poida complementarse cunha oferta maior que poida atraer a máis turistas, como poden ser rutas a cabalo, por exemplo”. BNG amosou o seu apoio ao proxecto e á idea de traer máis visitantes ao municipio, se ben optou pola abstención ao non contar cun proxecto técnico elaborado e demorou o seu apoio á presentación do mesmo.

Así mesmo, o pleno ratificou o convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Brión para a mellora da AC-543 por un importe de 605.000 euros. Finalmente, o secretario deu conta do Período Medio de Pago do cuarto trimestre de 2022, que foi de 15,79 días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies