займ срочно

A veciñanza de Brión non quere a nova central

0

Bisbarra, 20 de febreiro do 2023 – A reunión con expertos, organizada polo concello de Brión, para informar á veciñanza sobre o proxecto de central hidráulica dou como resultado unha oposición a súa construción.

Concello e veciños acordaron opoñerse á central que tramita Augas de Galicia. No encontro técnicos especializados en enxeñería e dereito explicaron o contido dos 1.600 folios de información achegados polas dúas empresas que optan á concesión.

Nas dúas reunións mantidas coa veciñanza de Cornanda, acordouse crear unha comisión de seguimento que elabore as alegacións, tanto as particulares como as que presente o concello. Esta comisión será a encargada de informar sobre as accións que se tomen e a nova información que chegue.

O órgano estará presidido polo alcalde, Pablo Lago, e participarán 8 veciños e veciñas, que se ofreceron durante a xornada informativa. Tamén estarán na comisión un representante de cada grupo político municipal e un asesor técnico e un xurídico, que se encargarán de darlle forma legal ás denuncias.

O alcalde de Brión explica que “nesta reunión quedou claro que ninguén na parroquia quere que se instale esta central hidráulica reversible no río Tambre, polo que o Concello fará fronte común cos seus veciños e traballaremos conxuntamente para presentar as mellores alegacións posibles para tratar de frear a tramitación deste proxecto agora que aínda está en fase embrionaria”.

O alcalde sinala que “durante as reunións xurdiron moitas cuestións que poden ser motivo de alegación como afectacións a camiños, pozos, captacións de auga, mananciais e acuíferos, alteracións de cursos fluviais e mesmo afectacións a elementos patrimoniais… todo iso hai que analizalo e darlle forma para que poidamos presentar antes do 3 de marzo unhas alegacións técnica e legalmente fundamentadas para que Augas de Galicia denegue a petición de concesión realizada por estas dúas empresas. Queda moito traballo por diante e o Concello estará en todo momento a carón dos veciños”.

Neste sentido, volveu lembrar que toda a documentación técnica está a disposición dos veciños na casa consistorial dende o pasado 6 de febreiro, data na que foi enviada por Augas de Galicia. Documentación que tamén está dispoñible nas instalacións de Augas de Galicia en Santiago e nos concellos de Negreira, Lousame, Rois e Noia. A maiores, o Concello de Brión ofrecerá un servizo de asesoramento técnico baixo demanda no que os especialistas que participaron na reunión de onte resolverán as dúbidas do veciño e axudarano a redactar as súas propias alegacións, se é que así o desexan.

Por outra banda, o departamento de Urbanismo do Concello de Brión traballa xa no informe solicitado por Augas de Galicia sobre a compatibilidade do proxecto cos usos do solo e o ordenamento urbanístico vixente. Un traballo para o que o Concello de Brión conta cun prazo máximo de un mes, a contar dende o pasado 6 de febreiro, e que se sumará a todos os solicitados por Augas de Galicia aos organismos afectados para decidir se o proxecto causa ou non un impacto no territorio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies