Bisbarra, 5 de xuño do 2024 – Brión organiza o obradoiro “Deconstruíndo consciencias” do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de dinamización da cultura galega emerxente.

O proxecto Galicia Latente está impulsado polo fotógrafo Eduardo de Martís. Un taller que terá lugar na Casa da Cultura de Brión o sábado 8 de xuño, a partir das 10:30 horas. A participación é libre e de balde, non sendo precisa inscrición algunha.
Galicia Latente trata de achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente e plantea os retos e oportunidades do futuro. Unha iniciativa que ten como base un libro autoeditado polo fotógrafo e que recompila 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.
O obradoiro “Deconstruíndo conciencias” comezará cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura, seguido dunha proxección do documental “Galicia Latente” e un coloquio titulado “Retos e oportunidades da cultura galega”.