Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Brión
  • Xeral

Brión aproba o novo Plan Integrado de Emprego

O Plan Integrado de Emprego, aprobado no pleno de febreiro, será desenvolto conxuntamente polos concellos de Brión e Ames

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

Brión celebrou o pleno ordinario de febreiro no que a unanimidade foi a nota dominante da sesión. Mesmo coas mocións presentadas pola oposición que tamén saíron adiante sen máis atrancos.

Un dos principais puntos aprobados foi o convenio co concello de Ames para desenvolver p o Plan Integrado de Emprego. O Plan conta cunha achega da Xunta de Galicia de 220.000 € para un total de 257.000 € que Ames e Brión completarán con fondos propios.

O Plan Integrado de Emprego beneficiará a 100 persoas desempregadas de ambos os dous municipios.

O pleno aprobou tamén encomendar ao Concello de Ames dos proxectos cofinanciados  para a prevención de condutas aditivas. Unha iniciativa presentada á Xunta de Galicia e que aínda está pendente de coñecerse se recibe ou non subvención.

Mocións

Na quenda de mocións, o Pleno aprobou un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 2.008 euros para o pago de cotas na comisión de propietarios de Agronovo. Unha factura na que a asesoría da comunidade de propietarios cometeu un erro na súa emisión, polo que a factura correspondente ao 2025 chegou ao Concello en 2026.

Os tres grupos municipais acordaron aprobar como Declaración Institucional a moción do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.

Un texto moi similar aos aprobados en anos anteriores e no que se reafirma o compromiso do Concello de Brión coa loita feminista e o apoio ás mobilizacións e reivindicacións do feminismo galego organizado neste 8 de marzo de 2026.

Instase tamén á Xunta de Galicia á creación dun Instituto Galego das Mulleres e a impulsar un novo marco orzamentario e regulamentario para os Centros de Información á Muller.

Os tres grupos municipais aprobaron ademais unha moción de rexeitamento ás modificacións na Lei de Patrimonio de Galicia realizadas a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2026 presentada polo BNG e emendada polo PSOE.

A moción do BNG insta á Xunta a retirar a modificación da Lei de Patrimonio recollida na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, así como a dar traslado desta moción ás forzas políticas no Parlamento galego e facultar á Alcaldía a tomar as medidas precisas para garantir o cumprimento deste acordo.

Pola súa banda, os socialistas engadiron dous puntos máis: Reclamar a eliminación do silencio administrativo positivo nos procedementos que afecten a bens patrimoniais, asegurando a necesidade de informes técnicos expresos como instrumento básico de seguridade xurídica e operativa na toma de decisións; e no caso de non conseguir a retirada da modificación da Lei como pedía o BNG, solicitar que calquera delegación de funcións aos concellos en materia de patrimonio cultural vaia acompañada da correspondente dotación de recursos económicos, persoal técnico cualificado e mecanismos efectivos de coordinación interadministrativa que permitan o exercicio destas competencias con garantías.

Post navigation

Previous: Iluminar a Catedral
Next: Santiago(é)Tapas enche Compostela de sabor

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.