Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión destina un millón de euros de fondos propios a pago de facturas

O Pleno aproba un suplemento de crédito e un recoñecemento extraxudicial de crédito para facturas pendentes

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas

Brión, 18/06/2026 – O Pleno de Brión aprobou un suplemento de crédito (SC 1/2026) de 1.075.400 euros para o pago de facturas e gastos. Na mesma sesión aprobou ademais un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito tamén para o pago de facturas atrasadas.

O secretario municipal foi o encargado de detallar este suplemento de crédito, onde a maior cantidade se corresponde co pago dos incrementos de cotas á Mancomunidade Serra do Barbanza (501.291 euros) para reducir a débeda que todos os municipios integrantes teñen con FCC pola prestación do servizo de recollida do lixo nos últimos vinte anos.

Así mesmo, outros 81.000 euros destinaranse ao pago de facturas e o resto destinarase ao pago de pequenas actuacións de obras, sobre todo en materia de saneamento e abastecemento de auga en distintos puntos do municipio (Urbanización Agronovo, Sabaxáns, Ons, Tarrío…).

Remanente de Tesourería

Unhas modificacións de crédito que foron aprobadas cos votos a favor dos grupos socialista e popular, e coa abstención do grupo municipal do BNG. Os cartos saen do Remanente de Tesourería para Gastos Xerais que, segundo a liquidación do Orzamento de 2025, ascende a 3.609.959 euros, e conta cun informe favorable da Intervención Municipal, destacando que se compren as regras de estabilidade orzamentaria, gasto e débeda pública.

O Pleno tamén aprobou, novamente cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG, a disposición do gasto correspondente ás cotas da Mancomunidade Serra do Barbanza para o exercicio 2026 pola xestión dos residuos sólidos urbanos, que ascende a 934.000 euros. Diante da abstención do BNG, o alcalde Pablo Lago tomou a palabra para lembrar que os nacionalistas “estaban representados na asemblea da Mancomunidade que aprobou por unanimidade entrar en Sogama” e fíxolles un chamamento á responsabilidade, toda vez que “estas cotas son o resultado de 20 anos de débeda, cuxo pago tamén foi aprobado por todas as formacións políticas representadas na Mancomunidade”.

Finalmente, como cada mes de xuño dende 2012 o Pleno municipal aprobou a actualización da Ordenanza fiscal reguladora da taxa de saneamento e depuración de augas residuais, que se realiza de acordo ao 85% do IPC de abril de 2025 a abril de 2026, que neste caso é de +2,72%.

Tras a aprobación da acta da sesión anterior, tomou posesión a nova concelleira do grupo municipal do BNG, Marta Romero, quen substitúe a Teresa Andrade, quen abandonou a corporación alegando motivos persoais. Dende a Alcaldía lle desexaron o mellor no desenvolvemento da súa función como concelleira.

Mocións

Na quenda de mocións, o BNG presentou dúas. A primeira delas era unha copia de presentada en febreiro deste mesmo ano no Parlamento de Galicia para a recuperación pública das concesións hidroeléctricas no río Tambre e a creación dunha empresa pública galega de enerxía, que foi aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG, fronte á abstención do PP.

Decaeu a segunda moción, que esixía a creación dun comité de traballo técnico, pero no que participasen os representantes da veciñanza, para avaliar a situación e configurar un informe sobre medidas e propostas para paliar os problemas de inundacións en varias aldeas da parroquia dos Ánxeles.

A voceira do Grupo de Goberno, Sandy Cebral, xustificou o voto en contra en que “o que propoñen non ten utilidade ningunha para os veciños e veciñas” xa que “este Equipo de Goberno leva moito tempo traballando, buscando e acometendo accións para paliar os problemas derivados das inundacións que se producen nestas aldeas, declaradas zonas inundables pola Xunta, e xa temos contratado unha empresa que se encarga de deseñar as medidas que o Concello pode acometer na zona e as que lle poden pedir a outras Administracións”.

Post navigation

Previous: A contratación pública como motor económico
Next: Liorta en Melide pola apertura da área recreativa de furelos

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.