Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión pon en valor o seu patrimonio recuperando as fontes e lavadoiros de Boaventura e Alqueidón

brion-recuperacion-fontes-slide-3-outubro-2024-(3)_r

Bisbarra, 3 de outubro do 2024 – Brión vén de recuperar e acondicionar dous importantes elementos do patrimonio, os conxuntos de fonte-lavadoiro de Boaventura e do Alqueidón.

Anes
Despois

Estas actuacións supuxeron un investimento de case 25.000 euros, acometidos polo Concello de Brión a través dunha subvención outorgada polo Instituto Galego de Estudos do Territorio, da Xunta de Galicia.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que se trata “dunha aposta por recuperar o noso patrimonio municipal e corrixir impactos paisaxísticos froito da realización de obras inadecuadas, ben por unha incorrecta execución ou polo emprego de materiais non axeitados, como nos casos de Boaventura e do Alqueidón”.

Actuacións

No caso do conxunto fonte-lavadoiro de Boaventura, as obras consistiron en eliminar a gran cantidade de formigón que presentaba e que foi substituído por outros materiais máis acordes e harmoniosos como a pedra.

Antes
Despois

O corpo do lavadoiro foi enfoscado e posteriormente chapeado con placas de granito. A maiores, melloráronse os accesos a este conxunto etnográfico, xa que era moi complicado acceder a el. Con esa finalidade mellorouse os accesos en zahorra, cunha escaleira en pedra e lousas no chan da contorna da fonte e do lavadoiro.

No caso do Alqueidón, o Concello procedeu tamén a eliminar materiais pouco acordes co  conxunto fonte-lavadoiro como o feito de que os muros de pedra estiveran rexuntados con morteiro de cemento, algo que se mellorou empregando un material coloreado con pigmentos naturais máis acorde.

No caso da cuberta, aínda que a solución máis sinxela sería demoler a cuberta para substituíla por outra nova, isto non foi posible debido á existencia dunha cruz de pedra emprazada sobre a cuberta e que ten un gran valor histórico e artístico. No seu lugar, procedeuse a limpar e pintar as vigas e teito do lavadoiro.

Os traballos remataron cunha limpeza profunda de toda a contorna e a eliminación dunha parte asfaltada, que foi substituída por pavimento de lousas de pedra, un material máis acorde tanto con este elemento etnográfico como coa paisaxe onde se sitúa este conxunto.

Post navigation

Previous: Compostela acollerá sesión informativas sobre dano cerebral
Next: O Campus Sur de Compostela con outra luz

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.