Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión

Brión mellora a súa rede de saneamento e abastecemento

O Concello de Brión está a investir 86.953,89 euros no mantemento e mellora da súa rede de abastecemento e saneamento.
brion-saneamento-slide-1-xullo-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Brión, 1 de xullo do 2021 – O Concello de Brión está a investir 86.953,89 euros no mantemento e mellora da súa rede de abastecemento e saneamento.
    • Melloras no abastecemento de cara o verán

Brión, 1 de xullo do 2021 – O Concello de Brión está a investir 86.953,89 euros no mantemento e mellora da súa rede de abastecemento e saneamento.

As obras de saneamento e abastecemento chegarán a sete localidades pertencentes á parroquias de Brión, Bastavales, San Salvador e Os Ánxeles. Un proxecto que será acometido ao longo das próximas semanas pola brigada municipal de obras, previa compra de todo o material preciso con cargo ao POS+ 2020 da Deputación Provincial da Coruña.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que “nas próximas semanas imos mellorar a rede de saneamento e abastecemento de sete localidades do noso municipio, tanto para dar servizo a vivendas que carecían destes servizos como para mellorar o servizo de abastecemento de auga a aldeas como Bastavaliños, Cabanas e Saíme, reforzando os bombeos para garantir a presión da auga durante o verán e mellorar o servizo durante todo o ano aos veciños e veciñas”.

Os traballos deron comezo esta semana na rúa Gondar, no núcleo de Pedrouzos (Brión). Neste caso trátase da ampliación da rede de saneamento cun novo tramo de canalización de PVC de 250 milímetros de 350 metros de lonxitude para dar servizo a parcelas e vivendas que aínda non dispoñían del. “Unha situación semellante á da aldea de Chave da Ponte, onde o incremento de vivendas e de poboación nos últimos anos fai preciso aumentar a rede de saneamento actual”, apunta Pablo Lago. Nese caso, os obreiros municipais instalarán un novo tramo de canalización de PVC de 250 milímetros e 526 metros de lonxitude.

Melloras no abastecemento de cara o verán

Por outra banda, as brigadas municipais de obras acometerán cinco actuacións de mellora na rede de abastecemento de auga. A primeira delas terá lugar na aldea de Bastavaliños, onde xa está mesmo instalada a caseta de obras. Nesta aldea da parroquia de Bastavales, así como nas localidades de Cabanas (Os Ánxeles) e Saíme (Bastavales), o Concello de Brión colocará un reforzo por bombeo para garantir a chegada e a presión da auga en determinadas épocas, sobre todo no verán.

Finalmente, as brigadas municipais acometerán un paso soterrado en Soutullos (San Salvador) para modificar a actual rede de abastecemento de auga co obxectivo de garantir un mellor servizo. Finalmente, na localidade de Bemil (Bastavales) realizaranse actuacións de ampliación da rede de saneamento e abastecemento de augas para levar estes servizos a varias vivendas da aldea que carecen del.

Post navigation

Previous: A Xunta destina dous millóns de euros á prevención da violencia de xénero e a conciliación na provincia
Next: O Plan Único da Deputación destina 84 millóns de euros á provincia

Máis novas

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Brión

Brión destina un millón de euros de fondos propios a pago de facturas

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Un dos cartes da Romaría de Santa Minia
3 minutes read
  • Xeral

A Santa Minia de Brión declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.