займ срочно

Brión licita o mantemento de beirarrúas, parques e espazos públicos

0

Bisbarra, 24 de xaneiro do 2023 – O Concello de Brión vén de licitar o servizo de conservación e mantemento de beirarrúas, parques, zonas verdes e espazos públicos.

O investimento para as tarefas de mantemento de estes espazos é de 68.288,88 euros. Uns traballos que comezaron esta semana e que se acometerán durante o ano que terá de vixencia o acordo asinado coa empresa.

O alcalde brionés, Pablo Lago, explica que “coa perda de efectivos que tivemos na brigada municipal de obras era imposible que o Concello de Brión puidera facerse cargo destes traballos, como viña facendo ata o de agora, tanto por falta de persoal como de maquinaria especializada, polo que agardamos que os veciños e veciñas noten unha mellora significativa na prestación de servizo”.

Un punto onde estas melloras serán máis prezadas pola veciñanza de Brión será na limpeza das beirarrúas, xa que serán acometidas mediante máquinas hidrolimpadoras con chorro de auga a alta presión, e non de forma manual. Tamén será significativa as melloras na roza da maleza nos bordes das estradas municipais de todas as aldeas do municipio.

A empresa adxudicataria encargarase de acometer unha poda durante a parada vexetativa, é dicir, antes do vindeiro mes de marzo. Ademais, levará a cabo un Plan de Arboricultura e podas en seco durante todo o ano. A maiores, os operarios farán un mantemento das zonas verdes cada quince días nos meses de actividade vexetativa e cada mes no resto do ano.

Finalmente, a empresa adxudicataria ofrecerá tamén un servizo para emerxencias, tendo que atender aqueles traballos considerados de urxencia nun prazo máximo de 48 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies