Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión
  • Xeral

Sexta edición de Brión Inclúe, máis capacidade da que dis

Brión celebra desde este xoves e ata o día 12 a sexta edición de Brión Inclúe, unha mostra pensada desde e para a inclusión real.
brion-inclue-slide-30-outubro-2023-(1)_r

Bisbarra, 31 de outubro do 2023 – Brión celebra desde este xoves e ata o día 12 a sexta edición de Brión Inclúe, unha mostra pensada desde e para a inclusión real.

De esquerda a dereita: Alberto Álvarez, técnico de cultura; Fran Rei, coordinador de Brión Inclúe; Oablo Lago, alcalde de Brión, e Sandy Cebral, concelleira de cultura.

Música, teatro e exposicións integran Brión Inclúe, nunha programación que reivindica o dereito de todas as persoas a crear e consumir cultura. Ademais dun festival é un catalizador da sociedade a favor dunha inclusión constante de todo o que queda nas marxes, do que erroneamente chámase discapacidade.

Falamos coa concelleira de Cultura, Sandy Cebral, sobre o festival e o que supón para o concello e comezamos pola necesidade de manter as programacións culturais no tempo para que pouco a pouco se consoliden

Falar de discapacidade é algo que queda obsoleto, incluso demóstrase un erro, vendo todo o que ofrece Brión Inclúe. Sandy Cebral lembra que todos temos necesidades de apoio en algún ámbito da vida.

Non se trata só das denominadas discapacidades. Brión Inclúe conta tamén co traballo de menores tutelados, fala de diversidade, abarca todo e de todos os que precisan ser incluído na sociedade.

Para a concelleira a meta é que esta programación, estas actividades, formen parte estable da programación anual do concello e non como algo que se produce só unha vez ao ano.

Programación

Música, teatro e exposicións integran Brión Inclúe. As exposicións “Diseñatas: Illas Atlánticas”, da Fundación IgualArte, e “Traballos Obradoiro de Coiro”, da Asociación AVANTE poderán ser visitadas do 2 ao 12 de novembro no Centro Social Polivalente.

As actuacións comezarán o venres 3 de novembro, cun pase de “Don Gellati”, de Dani García, para colectivos de persoas con diversidade funcional da comarca. Unha cita na que se facilitará o desfrute do espectáculo para todas as usuarias.

O sábado, 4 de novembro, ás 20.30h, o auditorio do Centro Social Polivalente acollerá a representación de “Hugo”, unha peza teatral cuxo protagonista é un cativo con TEA. O seguinte sábado, 11 de novembro, á mesma hora e no mesmo lugar, representarase a peza “Ubú Rei”, das usuarias de ONCE Ourense. Dúas citas abertas ao público familiar xeral.

A programación achegarase tamén aos centros escolares de Brión para concienciar ás novas xeracións das diversas realidades que acontecen ao noso redor e, sobre todo, para facerlles ver que ninguén é alleo a elas.

O luns 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO do IES Brión desfrutarán de “Soños”, unha peza teatral de Artefeito Producións e IGAXES que fala sobre a situación das mozas e mozos tutelados e os estereotipos que os rodean.

Os máis cativos tamén poderán ver un Contacontos de Cris de Caldas chamado “Contos para entender(nos) mellor”, en dous pases o xoves 9 de outubro (ás 10:00 na Escola Infantil de Sabaxáns e ás 11:30 horas na Escola Infantil dos Ánxeles) e un terceiro pase o venres 10 de outubro no salón de actos do Polivalente para o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Pedrouzos.

Como broche final á programación do VI Festival Brión Inclúe, o domingo 12, a partir das 12.00 horas, celebrarase Sesión Vermú presentada por Andrea Bugallo que contará coas actuacións de Iguatuke, Minguante e Sophie Simonds.

Brion Inclúe é unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, e que conta coa colaboración de Gadis e Froiz.

O seu obxectivo é, por un lado, servir de escaparate para aqueles colectivos que traballan na inclusión social a través das artes e, por outro, normalizar e visibilizar a diversidade funcional como parte propia da cidadanía. Sempre baixo o poder da cultura como ferramenta de integración e a necesidade de seguir reivindicando o dereito a facer e consumir cultura sen barreiras.

Post navigation

Previous: Limpeza de regos interurbanos no concello de Padrón
Next: A Baña reclama de novo o remate das obras do CPI San Vicente

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.