займ срочно

Xa está en marcha o V Brión Inclúe

0

Bisbarra, 2 de novembro do 2022 – Este martes comezou a quinta edición do Festival Brión Inclúe e que durará ata o vindeiro día 13 no centro social polivalente.

Brión Inclúe ten como obxectivo principal a inclusión real de persoas con discapacidade e contará coa participación de artistas, compañías e asociacións como: Raquel Queizás, Asociación Saúde Mental A Mariña, Pakolas, Al Lío, Vuelta y Media, Circo Chosco, ContAZ, Fundación DISA, De Tapas, Ana Fernández, DJ REY e Adriana Bugallo.

Organizado  polo Concello de Brión e xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega o festival está  subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e conta coa colaboración do Hotel Balneario Compostela e do Restaurante Kratos.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, salienta que “é un pracer ver como este festival, que busca dar un paso adiante cara esa cultura libre de barreiras que queremos e desexamos, se vai facendo un oco na nosa programación cultural. E, agora que xa non estamos tan condicionados pola situación sanitaria, gustaríame que cada vez máis persoas se puideran achegar estes días polo polivalente a desfrutar deste festival”.

Programación Brión Inclúe

O programa do V Festival Brión Inclúe comezou onte coa inauguración dunha exposición de pintura da Asociación Saúde Mental A Mariña que poderá visitarse no centro social polivalente de Brión ata o vindeiro 13 de novembro.

Este venres 4 de novembro, ás 18:00 horas, Pakolas volverá a Brión co seu espectáculo musical “Rockeando con Ramona Órbita”. E o sábado 5, ás 20:00 horas, dobre sesión teatral con Al Lío, e a súa obra “Nós todas”; e Vuelta y Media, co espectáculo “Veciños”.

Como en anos anteriores, o Festival Brión Inclúe reserva tamén actividades dirixidas ao alumnado do CEIP de Pedrouzos e do IES de Brión, para introducilos na cultura inclusiva. Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Primaria do CEIP de Pedrouzos participará no espectáculo de narración oral “O agasallo da lúa”, que Raquel Queizás porá en escena o luns 7 de novembro, ás 11:00 horas. O mércores 9 de novembro será a quenda para o alumnado de 2º da ESO do IES de Brión, que asistirán á posta en escena de “(Algunhas) Cousas de Castelao”, da man de Artefeito Producións e da Asociación AVANTE.

O venres 11 de novembro Circo Chosco presentará “Forzu2”, un espectáculo dirixido a colectivos de persoas con diversidade funcional, do que fará dous pases: ás 11:00 e ás 13:00 horas. Ese mesmo día, ás 18:00 horas, un contacontos en lingua de signos: “A maleta”, de ContAZ.

O sábado 12 de novembro, ás 20:00 horas, nova sesión teatral coa Fundación DISA Canarias e o espectáculo “Barbarroja”.

Finalmente, o domingo 13 de novembro, ás 12:00 horas, haberá unha actuación musical presentada por Adriana Bugallo na que participarán De Tapas, Ana Fernández e DJ Rey.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies