Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión comeza a humanización na estrada AC-543

Unhas obras que converterán a estrada nunha vía urbana de Brión ao renovar o saneamento e abastecemento e mellorando a seguridade.

brion obras 27 xaneiro 2026

O Concello de Brión vén de iniciar a segunda fase das obras de humanización e mellora da seguridade viaria da estrada AC-543 ao seu paso polo núcleo de Os Ánxeles.

Uns traballos que deron comezo esta semana no Tremo coa reposición dun tramo do sistema de saneamento e abastecemento de auga, un dos primeiros en instalarse no municipio. Trátase do proxecto de “Acondicionamento da AC-543 ao seu paso polo Concello de Brión, entre os puntos quilométricos 8+390 e 9+870”.

O obra conta cun investimento de 1,24 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achega 423.781 euros e o Concello de Brión os 815.000 euros restantes. A primeira fase, os 550 metros entre a rotonda coa AC-300 e a conexión coa estrada DP-1301 á altura das urbanizacións Agronovo e Inxerido, xa está executado na súa totalidade, o que supón o 40% da obra.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “Agora comezamos co 60% restante, ata o límite con Ames, sobre unha lonxitude de 950 metros. Somos conscientes de que, como todas as obras, causarán certas molestias á veciñanza, pero volvemos apostar por non cortar o tráfico durante a súa execución para alterar o menos posible o día a día dunha das zonas máis poboadas de Brión”

Lago engade que está “totalmente convencido de que, ao igual que pasou na primeira fase, cando estean rematadas a veciñanza en xeral, e as persoas residentes na zona en particular, porán en valor esta humanización”. Uns traballos que están sendo executados pola empresa Alcomte Galicia.

As obras que comezan esta semana suporán a reposición da rede de saneamento cunha canalización de PVC de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e acometidas domiciliaria.

No que respecta á rede de abastecemento, executarase unha canalización de PVC de 125 milímetros de diámetro, con arquetas, valvulería e acometidas domiciliarias. Durante a execución destas obras procederase ao traslado dos puntos de luz, situados en moitos casos no medio das beirarrúas, e colocarase unha nova canalización do seu cableado.

Acto seguido, procederase á demolición e construción dunhas novas beirarrúas, dun ancho mínimo de 1.8 metros. “Unhas beirarrúas para que persoas con mobilidade reducida ou familias cun carriño de bebé poidan circular pola zona sen obstáculos”, puntualiza Lago Sanmartín.

Paralelamente, a Axencia Galega de Infraestruturas aproveitará as obras para colocar as novas marquesiñas de autobuses. Os traballos rematarán co aglomerado da estrada, instalación da correspondente sinalización vertical e horizontal, acondicionamento de zonas verdes con céspede, árbores e arbustos, así como a colocación de xardineiras, bancos e demais mobiliario urbano.

A maiores estreitaranse os carrís de circulación, o que facilitará tamén a redución da velocidade dos vehículos nunha zona que está identificada como un treito de concentración de accidentes, tanto por colisións entre vehículos como por atropelos.

Deste xeito, a intervención que vén de iniciarse ten como fin conseguir que a estrada AC-543 ao seu paso por Brión se converta nunha rúa, nunha vía máis humana ao servizo dos núcleos de poboación polos que pasa e con especial atención aos usuarios vulnerables.

Ao ser un dos tramos que concentra unha maior circulación de vehículos no municipio, o Concello pediulle á empresa concesionaria que tratara no posible de manter sempre a estrada AC-543 aberta, encargándose da xestión do paso alternativo de vehículos como aconteceu durante esta semana.

Post navigation

Previous: Todos os grupos de Santiago menos o PP apoian a mobilización de SOS Sanidade Pública
Next: A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.