Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión comeza a humanización da AC-543

brion-obras-estrada-ac-slide-27-novembro-2024-(1)_r

Bisbarra, 27 de novembro do 2024 – O Concello de Brión comezou as obras de acondicionamento da AC-543 que a acabaran convertendo nunha travesía urbana.

As obras na AC-543 iniciáronse no tramo entre a rotonda dos Ánxeles e a rúa Inxerido. Unha actuación para humanizar o núcleo máis poboado de Brión, e repoñer o sistema de saneamento, que suporán un investimento conxunto de 1,24 millóns de euros por parte da Xunta e Concello.

Os traballos inclúen a reposición da rede de saneamento, a ampliación das beirarrúas e o estreitamento dos carrís de circulación para mellorar a seguridade dos peóns, ao reducir a velocidade dos vehículos que transitan por esta travesía de 1,48 quilómetros.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que se trata dunha actuación “fundamental para humanizar o núcleo máis poboado e beneficiar tanto aos residentes como aos numerosos veciños e veciñas que transitan a diario pola contorna”.

Por ser unha zona de especial tránsito de vehículos, o Concello de Brión pide paciencia á veciñanza polas retencións de tráfico que poden xurdir durante as obras en momentos puntuais do día. É o caso do tramo actual, onde se poden producir retencións coincidindo coa chegada e recollida de crianzas na escola infantil municipal debido ao estreitamento dun dos carrís de circulación.

Ademais de eliminarse a separación de ambos os dous carrís para facilitar a circulación dos vehículos, a regulación do tráfico estase a facer por persoal da obra, que dá paso alternativo segundo a intensidade do tráfico. Aínda que as retencións son puntuais e por pouco tempo, sempre hai a opción de coller itinerarios alternativos nos momentos de maior densidade de tráfico.

“Todas as obras causan certas molestias pero consideramos son máis que razoables se temos en conta os importantes beneficios que achegarán ao conxunto dos veciños e veciñas de Brión unha vez que estean rematadas  e os residentes teñan un novo e moderno sistema de saneamento, así como unhas beirarrúas para que persoas con mobilidade reducida ou cun carriño de bebé poidan circular pola zona sen obstáculos”, sinala o alcalde brionés.

Detalle das obras

Os traballos céntranse nun tramo de 1,48 km identificado como treito de concentración de accidentes, polo que Xunta e o Concello se coordinarán para adoptar as medidas de calmado de tráfico necesarias e darlle unha funcionalidade adaptada ao dunha rúa municipal, en lugar dunha estrada. Cómpre lembrar que a estrada AC-543 atende agora unha mobilidade de carácter local, sobre todo tras a apertura da autovía Santiago-Brión.

A intervención que vén de iniciarse ten como fin conseguir que a estrada AC-543 ao seu paso por Brión se converta nunha rúa, nunha vía máis humana ao servizo dos núcleos de poboación polos que pasa e con especial atención aos usuarios vulnerables.

Ademais de repoñer a rede de saneamento municipal, procederase a ampliar e renovar as beirarrúas, onde se demolerán os pavimentos existentes e se corrixirán os frecuentes desniveis existentes na actualidade.

A maiores trasladarase o mobiliario urbano, as sinais, as luminarias e postes para facilitar o tránsito dos peóns. A maiores estreitaranse os carrís de circulación, o que facilitará tamén a redución da velocidade dos vehículos nunha zona que está identificada como un treito de concentración de accidentes, tanto por colisións entre vehículos como por atropelos.

As obras complétanse coa dotación de zonas verdes, inexistentes nestes intres, a plantación de árbores e arbustos e a instalación de xardineiras e bancos.

As obras teñen un prazo conxunto de execución de 1 ano. Pablo Lago destaca que “esta actuación so é unha das moitas obras  e investimentos que imos levar a cabo en Brión durante 2025 en todas as parroquias e coas que pretendemos mellorar as infraestruturas e os servizos que reciben os nosos veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: Últimos trámites para rematar a autovía de Compostela á Estrada
Next: II Torneo de Xadrez ‘Rosalía de Castro’ en Padrón

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.