TEO TURISMO
займ срочно

Brión pon en valor o patrimonio coa colaboración da veciñanza

0

Bisbarra, 15 de febreiro do 2024 – Brión convoca unha nova edición do Grupo de Acción Patrimonial, unha iniciativa para poñer en valor o patrimonio do municipio a través dos coñecementos e a sabedoría da veciñanza.

O Grupo de Acción Patrimonial está aberto á participación de todas as persoas que estean interesadas e que cubran previamente unha folla de inscrición dispoñible na web municipal: www.concellodebrion.gal. A participación é totalmente de balde.

O Grupo reunirase todos os primeiros e terceiros xoves de mes no centro social polivalente, polo que a primeira reunión terá lugar o vindeiro xoves 7 de marzo. Un grupo que naceu a finais de 2022 da man dunha ducia de veciños e veciñas que organizaron encontros para dar a coñecer o rico patrimonio cultural e patrimonial de Brión.

Os impulsores chegaron incluso a facer percorridos polo municipio onde os propios veciños do lugar explicaban a orixe dunha tradición, como as alfombras florais dos Ánxeles, ou todo o que agachan lugares como a Igrexa de Ons, por exemplo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies