займ срочно

Nace o festival de cine “Otremo” co apoio do concello de Brión

0

Bisbarra, 23 de febreiro do 2023 – O Hotel Balneario Compostela acollera do 17 ao 19 de marzo a primeira edición do Festival Otremo, organizado polo concello de Brión e Aldea Producións.

Esta primeira edición do “Festival Otremo” abrirase con “Live is life, la gran aventura” o venres 17 de marzo, ás 20:00 horas. Filmado na Ribeira Sacra, dous dos seus protagonistas estarán presentes en Brión: Javier Casellas e David Rodríguez. O filme poderase ver tamén ao día seguinte, ás 17:00 horas.

O sábado 18, as 20:00 horas, terá lugar a presentación da película “Código Emperador”, un thriller protagonizado por Luís Tosar. O seu director, Jorge Coira, estará presente esa tarde no Festival Otremo. Aquelas persoas que non puideran ver o filme, terán unha segunda ocasión ás 12:00 horas do domingo 19 de setembro.

Finalmente, o domingo 19 de marzo, a partir das 16:.30 horas, terá lugar a proxección de “Valentina”, un filme familiar gañador do Goya á mellor película de animación do ano 2021. A súa directora, Chelo Loureiro, estará tamén presente en Brión para falar do seu exitoso filme, que volverá a repetirse ese mesmo domingo ás 19:00 horas.

Otremo foi presentado polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e os responsables de Aldea Producións, Ramón Cordido e Xacobe Sineiro, quen estiveron acompañados polo técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.

Pablo Lago amosouse moi interesado nesta iniciativa xa que “durante tres días mostraremos en Brión filmes de actualidade que comparten a actuación estelar ou a dirección dun artista da nosa terra ou incluso películas nas que a paisaxe galega teña un especial protagonismo”. Ademais puxo en valor que actores como Javier Casellas e David Rodríguez, así como directores como Chelo Loureiro ou Jorge Coira “vaian pasar pola alfombra vermella do Hotel Balneario Compostela na segunda fin de semana de marzo”.

Pola súa banda, Ramón Cordido apuntou que “este festival nace coa idea de acercar a vangarda do noso cine á xente da capital de Galicia e os seus arredores. Non hai ningunha experiencia similar na nosa comarca que achegue o presente do noso audiovisual nunha época tan exitosa e prolífica”. Ademais, “nesta primeira edición contaremos coa presenza de de dous actores e dous directores galegos de prestixio internacional que compartirán co público de Brión as súas experiencias”, adianta Xacobe Sineiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies