Bisbarra, 14 de maio do 2023 – Brión acolle de novo o Fest for Dent , un festival solidario que recadará fondos para continuar as investigacións de esta rara enfermidade.

A enfermidade de Dent ten carácter hereditario e orixe xenético. Afecta aos riles e con frecuencia afecta tamén aos osos. Hugo, un neno de Brión está afectado por esta enfermidade e desde hai tempo el e a súa familia traballan para conseguir fondos para a investigación de esta doenza.
O vindeiro sábado día 17, desde as cinco da tarde, organizan un novo festival solidario na Carballeira de Santa Minia. Será a terceira edición e participarán 4 das 5 familias que forman a asociación. (Asturias, Lugo, Pontevedra e Brión). As entradas poden mercarse en establecementos de Bertamiráns e Brión pero tamén esa mesma tarde na Carballeira.
Todos os fondos recadados coa barra, produtos solidarios, entradas,… irán destinado á investigación da enfermidade de Dent que se leva a cabo no NefroCHus, en Santiago de Compostela.
Ademáis de contar coa colaboración artística de Xosé Vizoso, que lles fixo o cartel este ano, contan tamén cun amplo programa de actuacións e actividades durante toda a tarde e ata ben entrada a noite.
A da Banda da Balbina, Diego Castro, Ana Fernández, Blue Riband, Asociación folclórica de Brión e a banda de música, serán algunhas das actuacións musicais. Tamén actuarán os Quinquilláns e contarán coa presenza da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
Moitas sorpresas máis entre elas numerosos sorteos nos que colaboran entre outros: Pementos Carmucha, Mesquiteira, Balneario de Compostela, Kukadas Bertamiráns, Xea Empresarios de Ames, etc.