займ срочно

Feira Labrega este venres en Brión

0

Bisbarra, 13 de setembro do 2023 – A carballeira de Santa Minia acollerá este venres 15 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas, unha nova edición da Feira Labrega de Brión.

Organizada polo Concello de Brión, en colaboración coa Asociación Darredor e o GDR Terras de Compostela; a Feira Labrega está aberta á participación de toda a veciñanza do concello e a contorna. Todos poderán montar os seus postos para a venda de produto labrego, ecolóxicos, artesán, viveiro (horta, xardín, flores, froiteiras…) ou de segunda man.

Con esta actuación, o Concello de Brión pretende poñer en valor os produtos labregos e de proximidade, dinamizar os mercados locais e fomentar na veciñanza o consumo de alimentos agroecolóxicos e de produtores locais.

A novidade da Feira Labrega de este ano será a asistencia dun Food Truck onde o cociñeiro José Manuel Mallón ofrecerá unha degustación de petiscos elaborados con produtos locais e de tempada.

Para poder participar na feira será preciso anotarse antes das 14:00 horas de hoxemércores 13 de setembro. A solicitude pode descargarse da web municipal (www.concellodebrion.gal) e deberá entregarse por e-mail a daquidarredor@gmail.com.

En caso de choiva, a feira trasladarase ao 3º andar do centro comercial Monte Balado. A anterior edición da Feira Labrega reuniu un total de 18 postos de produtos de horta, artesanía, segunda man, doces e empanadas, conservas, zumes, ungüentos, amigurumi…

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies