Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

As familias do IES de Brión denuncian a falta de recursos

ies-brion-protestas-slide-18-setembro-2018_r

A ANPA explica que case o 60% do alumnado presenta necesidades específicas de apoio educativo e que están dispostos a pecharse no centro ata conseguir os recursos necesarios.

Protesta no IES de Brión no ano 2018

A situación na educación comeza a parecerse á da sanidade. Cada certo tempo as familias denuncian carencias nun centro e falta de recursos. Si se suman as demandas o panorama comeza ser máis que preocupante.

As veces son carencias materiais con edificios e moi mal estado pola falta de mantemento e  inversión. Noutras ocasións a saturación no centro provoca situacións indesexables. Ou, como é o caso de Brión, o que se denuncia é a falta de profesorado.

Promesas incumpridas

Desde a Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do IES de Brión denuncian a grave situación de falta de recursos que sofre o centro, especialmente preocupante ao constatar que o 59,44% do alumnado presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

Esta cifra reflicte un nivel de atención moi elevado e excepcional, “que non está sendo correspondido cos recursos mínimos necesarios por parte da Consellería de Educación”. A pesar do esforzo do equipo docente, os actuais 2,5 especialistas a tempo parcial son insuficientes para garantir “unha atención digna, personalizada e eficaz”.

Hai agora un ano, lembra a ANPA, “ mantivemos unha reunión coa Consellería de Educación, concretamente co departamento de Recursos Humanos, na que se nos prometeron unha serie de reforzos e medios que finalmente non chegaron. Esta falta de cumprimento agrava a situación actual e mina a confianza das familias na palabra da administración”.

Ante a preocupante tendencia á alza destas necesidades no centro, e vendo que as medidas adoptadas polo propio instituto non poden compensar a ausencia de medios, “desde o AMPA vémonos na obriga de facer pública esta situación e de esixir unha resposta inmediata”.

As familias resumen as necesidades en falta de profesionais de Pedagoxía Terapéutica e Psicoloxía Educativa; ausencia dun equipo especializado en intervención en risco de suicidio; déficits en logopedia, orientación emocional, atención ás altas capacidades e reforzos en aula.

A ANPA no comunicado enviado aos medios solicita “a dotación de dúas prazas completas e estables de Pedagoxía Terapéutica (PT) durante todo o curso escolar; a recuperación inmediata da figura do reforzo educativo, cunha persoa a tempo completo e a ampliación do servizo de orientación, mediante a incorporación dun segundo profesional.

As familias tamén engaden que “estas medidas non son negociables: son imprescindibles para garantir o dereito á educación inclusiva e de calidade para todo o alumnado, sen importar a súa situación persoal ou educativa”.

Finalmente rematan dicindo que “queremos deixar claro que, se esta situación non se resolve de maneira inmediata, as familias estamos dispostas a tomar medidas contundentes, incluído encerrarnos no centro educativo, para defender os dereitos dos nosos fillos e fillas. Non imos permitir que se repitan as promesas baleiras nin que se sigan vulnerando os dereitos básicos do alumnado”.

Post navigation

Previous: Os orzamentos de Padrón vinculados a unha cuestión de confianza
Next: Touro perde definitivamente os fondos do POS+ 2025

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.