Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Exposición solidaria en Brión con dous valencianos que participaran nos “Encontros da Arte” e perderon o taller pola DANA

brion-artistas-valencianos-expo-slide-4-decembro-2024-(2)_r

Bisbarra, 4 de decembro do 2024 – Brión e a “familia” dos Encontros coa Arte unen forzas para organizar unha exposición solidaria con José Galarzo e María Carmen Martínez, dous grandes artistas que perderon o seu obradoiro en Paiporta (Valencia) como consecuencia da DINA do pasado mes de novembro.

Unha mostra a prol da reconstrución deste obradoiro que terá lugar do 17 ao 24 de xaneiro na sala municipal de exposicións de Brión e á que xa confirmaron asistencia 38 artistas de toda a xeografía española.

O xestor cultural do Concello de Brión, Alberto Álvarez, explica que “o estudo de José Galarzo e María Carmen Martínez, participantes habituais nos Encontros coa Arte e colaboradores nos obradoiros de acuarela e cerámica que se impartían durante a súa estancia en Brión, estaba situado a 50 metros do barranco del Poyo en Paiporta, Valencia.

Nese espazo de arte impartían clases de debuxo, cerámica e pintura. A día de hoxe está desaparecido, a auga arrasou con todo: mobiliario, ferramentas, fornos cerámicos, tornos, laminadora, ordenadores e todo o material e obras de arte que atesouraban”. Ademais, fai fincapé en que “necesitan con urxencia volver á normalidade e retomar o seu traballo. Pero para iso precisan da nosa axuda”.

Unha axuda que chegará en forma de exposición solidaria, que abrirá as súas portas na sala municipal de exposicións da Casa da Cultura de Brión o martes 17 de decembro, ás 20:30 horas.

Unha mostra na que xa confirmaron a súa participación artistas como: África de la Llave, Alba Roqueta, Alfonso Costa, Ángel Contreras, Antón Sobral, Antonio Marques, Barreiro, Beatriz Ansede, Camilo Seira, Carmen Hermo, Caxoto, Chelo Rodríguez, Emili Armengol, Fran Lareo, Frutos Casados de Lucas, Isabel Pintado, Iván Prieto, Joaquín Cortés, José A. Regidor, José Galarzo, José Vázquez Doce, Juan Moreno, Laureano Vidal, Manuel Ayaso, Manuel Méndez, María Carmen Martínez, María Manuela, María Xesús Díaz, Paco Casal, Rafa Arroyo, Rafael Úbeda, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro, Xosé Vizoso e Yolanda Carbajales.

A exposición estará aberta do 17 de decembro ao 24 de xaneiro. Todo o que se recade coa venda de obras e doazóns será destinado á reconstrución do obradoiro de Galarzo e Martínez en Paiporta.

O Encontro coa Arte é unha iniciativa cultural organizada polo Concello de Brión e que xa vai pola decimosétima edición. Nela participan cada ano entre vinte e trinta artistas de toda España que pasan tres días en Brión participando en actividades culturais, intercambiando coñecementos entre eles e compartindo a súa arte coa veciñanza a través de exposicións e sesións de “Pintura do natural”, que se teñen levado a cabo por todos os recunchos do municipio.

Post navigation

Previous: Silleda e a Diocese de Lugo acordan a cesión de uso da igrexa de Carboeiro para a súa musealización
Next: A tempada de artes escénicas abrirase en xaneiro en Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.