Bisbarra, 14 de xaneiro do 2025 – O Concello de Brión e Afundación presentan unha cativadora exposición baixo o título de “Fauna esencial”, unha viaxe a través da diversidade e a esencia da nosa vida silvestre.

A exposición de Brión comezará o vindeiro día 22 e durará ata o 21 de febreiro no Centro Social Polivalente. Os horasios de luns a venres son de , 9:00 – 13:30 h. e 16:30 – 20:00 h.
Quen se achegue a Brión poderá mergullarse na beleza e fraxilidade das especies máis representativas do noso contorno natural. A través dunhas impresionantes fotografías, acompañadas de información de cada especie, penetramos nos misterios e marabillas da fauna que nos rodea.
Desde os maxestosos mamíferos ata as aves máis comúns, cada especie desempeña un papel vital no equilibrio do noso ecosistema. Máis ca unha simple mostra visual, Afundación propón en Brión un chamamento á acción e á reflexión. Invítanos a apreciar a diversidade da vida salvaxe, a recoñecer a súa importancia para a sostenibilidade do noso planeta e a asumir a responsabilidade da súa conservación.
Nun mundo cada vez máis consciente da necesidade de preservar o noso medio ambiente, «Fauna esencial» inspíranos a valorar e respectar as nosas especies, asegurando, así, un futuro máis harmonioso e equilibrado para todas as formas de vida na Terra.