Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Entroido de Brión 2025

entroido bion slide 2025

Bisbarra, 19 de febreiro do 2025 – O Concello de Brión abre inscricións no seu Concurso de Disfraces de Entroido, que repartirá máis de 2.500 euros en premios e terá lugar o domingo 2 de marzo, o que supón unha semana antes ca en edicións anteriores.

O prazo de anotación está aberto ata o 27 de febreiro, ben en persoa na Casa da Cultura de Brión (de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas) ben a través dun correo electrónico enviado a cultura@concellodebrion.gal.

Todos os participantes no concurso terán a obriga de participar no desfile de Entroido, que sairá ás 16:30 horas do pavillón polideportivo municipal para percorrer o Paseo de Pedrouzos e a rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño, baixo cuxa carpa terá lugar o concurso de disfraces. Os dorsais poderán recollerse entre as 15:00 e as 16:15 horas na Carballeira de Santa Minia. Os participantes estarán acompañados pola música da charanga Os Celtas. Unha vez finalizado o concurso, o Grupo Ritmo amenizará o baile de disfraces, que se prolongará ata ben entrado o serán.

Categorías

As bases do concurso, que se poden consultar na web municipal (www.concellodebrion.gal),  establecen seis categorías que se repartirán 2.550 euros en premios. Na Categoría Infantil (ata 11 anos) e na Categoría Xuvenil (de 12 a 17 anos) entregaranse tres vales canxeables por libros, xogos ou material escolar.

Na Categoría de Adultos (maiores de 18 anos) haberá dúas modalidades: individual, con tres premios de 100, 75 e 50 euros; e parellas, con premios de 150, 125 e 100 euros. Na Categoría de Grupos (de 3 a 9 persoas) haberá catro premios de 200, 175, 150 e 125 euros. Finalmente, na Categoría de Comparsas (10 ou máis persoas) concederanse catro galardóns de 300, 250, 200 e 150 euros.

O xurado valorará a creatividade e orixinalidade, a calidade do traballo dos disfraces e dos complementos e a súa laboriosidade, a caracterización dos seus compoñentes así como a posta en escena durante o desfile. Tamén se valorará o lucimento do traxe e a representación no espazo habilitado no parque de Lamiño.  

Post navigation

Previous: Rois celebra o Día de Rosalía
Next: Socialistas sen partido (audios)

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.