займ срочно

Brión recupera os “Encontros coa arte”

0

Brión, 10 de xuño do 2022 – O concello de Brión recupera os “Encontros coa arte”, suspendidos pola pandemia durante dous anos, do 17 ao 19 de xuño.

Estes “Encontros coa arte” reunirán a 24 pintores, fotógrafos, músicos e escritores de toda España compartirán as súas técnicas e coñecementos coa veciñanza nunha reunión que servirá de homenaxe a Laxeiro.

A programación comeza o venres 17 de xuño, de 10:00 a 12:00 horas, os artistas José A. Regidor, Frutos Casado de Lucas, José Galarzo e María Carmen Martínez impartirán uns obradoiros de pintura de acuarela ao alumnado do CEIP de Pedrouzos. Pola tarde, primeira das tres xornadas de pintura ao natural programadas este ano, unha oportunidade única para contemplar en vivo o traballo de grandes creadores como Manuel Ayaso, Veiras Manteiga ou Xosé Vizoso, entre outros.

Sobre un lenzo en branco, cada un dos 24 artistas improvisará o seu particular estudo ao aire libre para traballar de cara ao público. Estes obradoiros de pintura ao natural terán lugar na contorna da Pontemaceira (venres 17, de 17:00 a 20:00 horas), no Paseo do Río Pego (sábado 18, de 10:00 a 14:00 horas) e na carballeira de Santa Minia (domingo 19, de 9:30 a 13:30 horas).

Actividades e mercado da arte

Paralelamente terán lugar diversas actividades culturais abertas a toda a veciñanza como a inauguración da exposición coas obras doadas no XIV Encontro coa Arte, que terá lugar na sala municipal de exposicións o venres 17 de xuño, ás 21:30 horas. Así mesmo, o sábado 19, ás 21:00 horas, o centro social polivalente acollerá “Amada Rosalía”, un concerto de Xoán Eiriz baseado no disco gravado na honra de Rosalía de Castro e inspirado na obra do poeta ourensán Suso Díaz, que consta de 85 poemas en homenaxe á poetisa.

Durante toda a fin de semana, na sala municipal de exposicións estará aberto un Mercado da Arte onde o público que o desexe poderá visitar e/ou mercar obras dos distintos artistas participantes nos Encontros. Este Mercado da Arte estará aberto o venres (16:30 a 21:00 horas), o sábado (de 9:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas) e o domingo 17 (de 9:30 a 13:30 horas).

Os 24 artistas participantes nesta edición de 2022 son: Alba Roqueta, Antón Sobral, Beatriz Ansede, Camilo Seira, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, Frutos Casado de Lucas, Javier del Valle, José A. Regidor, José Galarzo, Laureano Vidal, Manuel Ayaso, Manuel Méndez, María Carmen Martínez, María Xesús Díaz, Paco Casal, Rafael Arroyo, Ricardo de Arce, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso.

Concurso de pintura e debuxo

Así mesmo, todos os rapaces e rapazas de entre 4 e 17 anos que desexen compartir a xornada de pintura da mañá do sábado 18 de xuño con estes grandes artistas poderán facelo participando no IV Concurso de Debuxo e Pintura, que terá lugar de 9:30 a 14:00 horas no paseo do Río Pego. Haberá tres categorías e as obras poderán ser realizada con total liberdade de técnicas, materiais e temática, sempre que se presenten nun tamaño non inferior a un folio DIN A4.

Cada participante concursará provisto de todo o material que poida precisar para realizar a súa obra, incluído cabalete se o precisara. As obras deberán presentarse sen sinatura e incluíndo no dorso o nome, apelidos e idade do autor/a. O soporte da obra deberá ser selado antes do inicio do traballo (entre as 9:30 e as 10:00 horas) no paseo do río Pego. A obra finalizada entregarase entre as 13:30 e as 14:00 horas.

Haberá tres premios para cada unha das categorías consistentes en vales de 50, 30 e 20 euros para libros, xogos ou material escolar. Os premios entregaranse o domingo 19 de xuño, ás 13:30 horas, na carballeira de Santa Minia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies