Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión ampliará o pavillón de Pedrouzos co apoio da Deputación

O concello de Brión e a Deputación da Coruña asinaron un convenio para a ampliación e mellora do pavillón municipal de Pedrouzos
deputacion-melloras-pavillon-brion-slide-25-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 25 de xaneiro do 2024 – O concello de Brión e a Deputación da Coruña asinaron un convenio para a ampliación e mellora do pavillón municipal de Pedrouzos.

O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, foron os encargados de rubricar o acordo. O ente provincial achegará 150.000 euros para as obras en Pedrouzos. No acto tamén estivo presente o deputado de Contratación Xosé Penas.

Este proxecto conta cun orzamento total de 540.346 euros, dos que a entidade provincial achega o 28 % da financiación. As obras consisten no mantemento do actual pavillón municipal, incluíndo un novo inmoble no seu lateral, cara o CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión, que conta cunha superficie de 648 metros cadrados.

Será un espazo multiúsos que poderá ser empregado polo Concello de Brión como sede de competicións deportivas ou para acoller encontros culturais e sociais de calquera tipo, tales como concertos e exposicións. O novo inmoble servirá de apoio ao colexio e ao instituto, ao poder acoller actividades extraescolares ou calquera outra que precisen. Todo, nun edificio sen ningún tipo de barreiras arquitectónicas.

A nova instalación de Pedrouzos será unha mestura entre unha estrutura de formigón de elementos prefabricados e unha construción metálica anexa. O novo inmoble contará cunha capa impermeabilizante e con paneis absorbentes acústicos, polo que manterá unha boa temperatura e unhas condicións axeitadas para a práctica de calquera tipo de actividade cultural, social ou deportiva.

O proxecto inclúe tamén a construción dunha pérgola de acceso entre o actual polideportivo e a nova ampliación. Cunha superficie duns 130 m2, protexerá das inclemencias meteorolóxicas ás persoas usuarias desta instalación, tanto á hora do seu acceso como no tempo de agarda para a súa volta á casa. As obras contan cun prazo de execución de 12 meses.

Post navigation

Previous: Teo inviste un millón de euros en melloras viarias
Next: Frades aproba o primeiro inventario de bens municipal

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.