Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión aproba unha declaración institucional contra a construción da central hidráulica

O concello de Brión aprobou por unanimidade do pleno municipal unha declaración institucional en contra da central hidráulica reversible do Tambre.
brion-pleno-real-federacion-de-futbol-slide.16-febreiro-2023_r

Bisbarra, 21 de decembro do 2023 – O concello de Brión aprobou por unanimidade do pleno municipal unha declaración institucional en contra da central hidráulica reversible do Tambre.

Unha das reunións en contra da central hidráulica

A declaración en contra da central hidráulica expresa o apoio á loita veciñal e social contra este proxecto que tramita Augas de Galicia. Unha declaración pola que pretende “expresar unha vez máis, e de forma clara e contundente, o total rexeitamento por parte de todos os grupos políticos desta corporación á construción da balsa na Cornanda segundo os proxectos actuais”.

Outros acordos tomados nesta declaracións institucional inclúen a reactivación da comisión de seguimento creada polo Concello de Brión e na que están representados tanto os grupos políticos municipais como a veciñanza de Cornanda; e apoiar o traballo da veciñanza tanto a través da plataforma “Non á balsa da Cornanda” como calquera outra entidade que estea disposta a colaborar para evitar a construción desta balsa.

Finalmente, o Pleno acordou tamén que se o pronunciamento oficial por parte de Augas de Galicia, que aínda se descoñece, fose contrario a estes intereses, o Concello axudaría a completar as alegacións que puideran ter relevancia coa achega de informes en colaboración con outras Administracións.

Unha declaración institucional acordada polos tres grupos municipais antes do inicio do Pleno sobre unha base presentada polo BNG e enmendada polo PSOE e o PP, que foi lida diante de representantes da plataforma “Non á balsa da Cornanda”.

Post navigation

Previous: Piden que se controlen os cambios de uso dos terreos no Ulla para evitar os usos intensivos de viñedos
Next: Touro comeza a estender fibra óptica no rural

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.