Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión
  • Xeral

Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas convocan o VI Premio Laudamuco para Textos Teatrais

Convócase o VI Premio Laudamuco para Textos Teatrais o galardón teatral de maior dotación económica en Galicia con 7.000 euros.
brion-convocatoria-laudamuco-slide-8-novembro-2023_r

Bisbarra, 8 de novembro do 2023 – Convócase o VI Premio Laudamuco para Textos Teatrais o galardón teatral de maior dotación económica en Galicia: 7.000 euros e edición da obra gañadora.

O Laudamuco está organizado polo concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas que se encarga da edición da obra gañadora.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que  “coa convocatoria do Laudamuco pretendemos estimular e apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura”.

O premio toma o nome en homenaxe a Laudamuco, señor de ningures, obra de Vidal Bolaño estreada o 16 de maio de 1978 e que está considerada como o inicio do teatro profesional galego. 

Poderán optar ao galardón todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten unha obra dramática inédita e nunca antes premiada, sempre que estea escrita en lingua galega. O tema e a extensión da obra serán libres e o prazo de admisión de orixinais, que deberán presentarse en formato dixital, rematará ás 23:00 horas do 2 de febreiro de 2024.

Presentación de orixinais

Para participar, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a premiolaudamuco@concellodebrion.gal, indicando no “Asunto” o texto “VI Premio Laudamuco” e anexando dous arquivos: o texto da obra coa que se concursa en formato PDF (que levará o seguinte nome: “Título da obra e pseudónimo ou lema elixido”, e non poderá conter ningunha clase de sinatura ou identificación da autoría) e unha plica en PDF (co nome: “Plica. Título e pseudónimo ou lema elixido” e que conteña os seguintes datos: título, pseudónimo, lema e datos da autoría como nome completo, DNI, móbil, teléfonos, mail, breve currículo).

O xurado do premio estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte teatral, proposto pola Academia Galega de Teatro. Actuará como secretario/a a persoa elixida por maioría entre os membros integrantes. Na proposta de resolución do xurado haberá unha única obra gañadora. Unha vez emitida a súa resolución, procederase á apertura da plica gañadora nun acto público que terá lugar na terceira semana do mes de abril. O veredicto do xurado, que poderá declarar deserto o premio, será inapelable.

A entrega do IV Premio Laudamuco terá lugar o 16 de maio de 2024, no transcurso dun acto organizado polo Concello de Brión co gallo do 45 aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures. Trala entrega e aceptación do premio, a Academia Galega de Teatro resérvase o dereito de facer unha lectura dramatizada do texto sen que iso supoña compensación económica para o/a autor/a premiado/a. Nas súas cinco primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Vicente Piñeiro por “Devólvenos a Xermánico” (2023); a teense Paula Carballeira Cabana por “Dentes de coello” (2022); o ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021); no coruñés Raúl Dans Mayor por “Só un home bo” (2020); e no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019).

Post navigation

Previous: O Consorcio Galego de igualdade pecha a porta a un centro de día en Arzúa
Next: “O teu machismo da noxo” campaña de Compostela cara ao 25N

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.