Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Entroido

Brión celebra o domingo o seu Concurso de Disfraces

Brión convoca o seu Concurso de Disfraces de Entroido, que repartirá 2.760 euros en premios e terá lugar o domingo 1 de marzo.
brion-disfraces-slide-25-febreiro-2020-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Brión, 26 de febreiro do 2020 – O Concello de Brión convoca o seu Concurso de Disfraces de Entroido, que repartirá 2.760 euros en premios e terá lugar o domingo 1 de marzo.
    • Categorías

Brión, 26 de febreiro do 2020 – O Concello de Brión convoca o seu Concurso de Disfraces de Entroido, que repartirá 2.760 euros en premios e terá lugar o domingo 1 de marzo.

O de Brión será o último concurso de disfraces da bisbarra. O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de febreiro ben en persoa (na Casa da Cultura de Brión), ben no teléfono 981 50 99 08, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Brión celebra o domingo o seu Concurso de DisfracesTodos os participantes no concurso terán a obriga de participar no desfile de Entroido que, se o tempo o permite, sairá ás 16:30 horas, da Carballeira de Santa Minia e percorrerá as rúas de Pedrouzos ata o Pavillón Polideportivo Municipal, onde terá lugar o concurso e unha gran festa. Os participantes estarán acompañados un ano máis pola música da charanga Os Celtas de Negreira. Unha vez finalizado o concurso, a orquestra Principal amenizará a Festa de Entroido, que se prolongará ata ben entrado o serán.

Os dorsais poderán recollerse entre as 15:00 e as 16:30 horas na Carballeira de Santa Minia. Se o tempo acompaña, todos os participantes sairán en desfile. Se chovese, os participantes concentraranse directamente no polideportivo.

Categorías

As bases do concurso, que se poden consultar na web municipal (www.concellodebrion.gal),  establecen cinco categorías que se repartirán 2.760 euros en premios (se ben nas categorías infantil e xuvenil serán vales canxeables por libros, xogos ou material escolar). A novidade deste ano é que nas Categorías Infantil (menores de 11 anos) e Xuvenil (de 12 a 17 anos), haberá dúas modalidades: individual e parellas, pasando de entregarse 5 premios por categoría a 6 premios, tres por modalidade. En ambos casos entregaranse tres premios de 70, 60 e 50 euros na modalidade parellas; e 50, 40 e 30 euros na modalidade individual.

Na Categoría de Adultos (maiores de 18 anos) haberá dúas modalidades: individual, con tres premios de 100, 70 e 40 euros; e parellas, con premios de 140, 100 e 60 euros. Na Categoría de Grupos (de 3 a 9 persoas) haberá dúas modalidades: infantil/xuvenil, con tres premios de 140, 100 e 70 euros; e adultos, con tres premios de 180, 140 e 100 euros. Finalmente, na Categoría de Comparsas (10 ou máis persoas) concederanse cinco galardóns de 260, 225,  175, 150 e 100 euros. Un ano máis non haberá Categoría de Carrozas, debido á escasa participación rexistrada en edicións anteriores.

O xurado valorará a orixinalidade, a calidade do traballo dos disfraces e dos complementos, así como o lucimento do traxe sobre o escenario do pavillón polideportivo, onde os concursantes terán un tempo de 3 minutos (individuais ou parellas), 5 minutos (grupos) e 8 minutos (comparsas) para facer as súas presentacións.  

Post navigation

Previous: Padrón e Santiago lembraron a Rosalía
Next: O Plan Único da Deputación financia a mellora de camiños e estradas en Ordes

Máis novas

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Brión

Brión destina un millón de euros de fondos propios a pago de facturas

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Un dos cartes da Romaría de Santa Minia
3 minutes read
  • Xeral

A Santa Minia de Brión declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia

Escena final dunha das montaxes da mostra de teatro de Brión
2 minutes read
  • Xeral

III Mostra de Teatro EM-Brión

Imaxe de "Polo de Franco" a nova obra de Teatro do Noroeste
8 minutes read
  • Xeral

Teatro do Noroeste estrea “Polo de Franco”

Imaxe de arquivo (2022) do GES se Brión
2 minutes read
  • Brión

Preocupación pola falta de persoal no grupo de emerxencias de Brión

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.