Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

A Xunta e o concello de Brión mellorarán as infraestrutuas educativas do municipio

brion xunta protocolo infraestruturas educativas SLIDE 20 abril 2025

Asinarán un protocolo de colaboración no que a Xunta se compromete, entre outros traballos, á rehabilitación e ampliación do patio cuberto do CEIP de Pedrouzos en Brión.

Pleno ordinario de Abril en Brión tomou facultou ao alcalde, Pablo Lago Sanmartín, para asinar un protocolo de colaboración entre o Concello e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP. Este acordo servirá para a mellora das infraestruturas educativas do municipio, que se plasmarán nun convenio que recolla as obrigas de cada unha das partes.

A Xunta de Galicia tramitará e executará o proxecto de rehabilitación e ampliación do patio cuberto do CEIP de Pedrouzos. Tamén procederá á desafección de 200 metros cadrados do colexio, que serán cedidos a Brión para a construción dunha dársena de autobuses que mellore o servizo de transporte do alumnado.

O Concello de Brión tramitará e executará a cubrición dos laterais do patio cuberto do IES de Brión, e construirá a parada de autobuses. O Concello aproveitará para reorganizar o tráfico en toda a zona para facilitar a circulación dos escolares e dos usuarios de instalacións como o polideportivo municipal e a piscina cuberta climatizada.

Finalmente, Concello e Xunta comprométense a asinar un acordo para facilitar o uso compartido do patio cuberto do IES de Brión, de forma que o Concello poida programar actividades nestas instalacións fóra do horario lectivo.

Regulamento de honras e distincións

Por outro lado, o Pleno aprobou por unanimidade o Regulamento de Títulos, Honras e Distincións do Concello, entre as que se inclúen figuras como: Medalla do Concello, Fillo/a Predilecto/a, Fillo/a Adoptivo/a, Cidadá distinguido/a, Medalla ao Mérito para Persoal Traballador, Cronista Oficial de Brión e Visitante Ilustre.

As propostas poderán realizarse tanto dende os grupos municipais como dende a sociedade civil, tendo que xustificar os méritos desa persoa e recibir o visto bo do Pleno Municipal.

Pablo Lago anunciou que “Xosé Vizoso será a primeira persoa en ser distinguida unha vez que estea aprobado este regulamento, pola súa vinculación especial con Brión”. Unha proposta que foi ben recibida tanto polo PP como polo BNG, cuxo voceiro, Xosé Penas, pediu que se engadira no regulamento a no admisión de propostas de persoas que atentaran contra a memoria histórica.

Por último, o Pleno aprobou o convenio marco polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación da Coruña e os Concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra para regular o proxecto Parque Compostela Rupestre. Un ente no que Brión estará representado polo seu alcalde, Pablo Lago, e polo xestor cultural, Alberto Álvarez.

Post navigation

Previous: Tres carreiras da bisbarra entre as dez mellores da provincia
Next: A Facultade de Dereito protagonista da Nerd Nite de abril

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.