Brión, 20 de febreiro do 2020 – O Concello de Brión aprobou a realización dun convenio de colaboración coa UNED e a asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres.
O acordo coa UNED, Universidade Nacional de Educación a Distancia, está dirixido ao desenvolvemento agrícola, gandeiro, forestal e rural. As persoas interesadas en participar poderán acceder a esta formación continua sen necesidade de titulación previa.

O Pleno tamén aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos correspondente ao mes febreiro, no que se aboan facturas de servizos prestados o ano anterior pero que se presentaron xa en 2020. Nesta ocasión, o importa ronda os 60.000 euros, a maior parte correspondente a compañías de subministro eléctrico.
Finalmente, o pleno aprobou deixar sen efecto e retomar a modificación do estudo de detalle da parcela na que se emprazará o futuro auditorio de Brión, para facilitar así a súa tramitación administrativa.
Na quenda de mocións, aprobouse unha conxunta do PSOE e do BNG para pedir melloras na asistencia sanitaria en Brión, sobre todo nos servizos de Pediatría e Matrona, esixindo que se cubran as baixas dese persoal. O PP optou pola abstención ante a negativa dos grupos propoñentes a cambiar o limiar da moción, se ben recoñeceu a necesidade de que se cubran esas baixas en Brión.
