Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión construirá vivenda protexida e vivenda libre

brion-compra-fincas-slide-21-decembro-2024_r

Bisbarra, 21 de decembro do 2024 – O concello de Brión formalizou ante notario a compra de terreo para a construción de vivenda protexida e vivenda libre.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, acudiu á notaria para formalizar a adquisición de estas fincas no lugar de Liñares. O acto foi definido polo rexedor como “un día histórico para Brión, pois será a primeira vez que se promova a construción de vivenda protexida neste municipio”..

Lago explica que “hoxe investimos 164.560 euros na compra de cinco fincas do SAREB en Liñares, taxadas cada unha en 500.000 euros. Trátase dunha operación beneficiosa para o Concello e para a veciñanza de Brión porque por primeira vez na historia deste Concello imos ter terreo para destinar á creación de vivenda protexida e, por outra, contaremos cun retorno económico cando se saquen a concurso as outras parcelas destinadas a vivenda libre”.

As parcelas están ao carón da entrada/saída da Autovía Santiago-Brión e ao pé do inicio da avenida de Santa Minia. O terreo suma un total de 4.295 metros cadrados de superficie no polígono único da área de reparto número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Brión.

Vivenda a disposición da veciñanza

Estas catro fincas estaban taxadas en medio millón de euros cada unha, pero o Concello tivo a oportunidade de adquirirllas á Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de Reestructuración Bancaria SA por 164.560 euros, “un prezo máis que razoable, polo que estou convencido de que esta operación vai ser beneficiosa en todos os sentidos, sobre todo no de axudar a poñer vivenda a disposición da cidadanía”, sinala o alcalde brionés.

Pablo Lago indica que “tendo en conta o problema de vivenda que temos a nivel nacional, entendemos que para o Concello de Brión é unha oportunidade única para crear vivenda protexida no noso municipio e dar unha resposta a unha necesidade que non tiñamos cuberta en Brión. Unha operación que culmina unha semana grande en Brión, pois tamén sacamos adiante dous proxectos por máis de 16 millóns de euros que permitirán mellorar o sistema de abastecemento de auga e dotar a todo o municipio dun alumeado máis eficiente”.

Os 164.560 euros investidos serán financiados con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería do Concello, despois da aprobación do expediente de modificación de créditos 1/2024 de crédito extraordinario nunha sesión plenaria extraordinaria do pasado mes de novembro. Unha proposta da Alcaldía que foi aprobada cos seis votos a favor do grupo de Goberno e coas abstencións de PP e BNG.

Post navigation

Previous: Concurso de Curtas Xuvenil no concello de Teo
Next: O máis lido de Lindeiros do 16 ó 21 de decembro

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.