Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión acollerá o ciclo Fegateatro nos meses de outubro e novembro

brion fegateatro SLIDE 25 maio 2025

O alcalde de Brión e a vicepresidenta de FEGATEA asinaron o convenio de colaboración que permitirá a posta en escena de sete obras teatrais de acceso gratuíto para a veciñanza

O teatro amador é unha das citas do outono cultural de Brión. Coa intención de preparar todo oc tempo suficiente, o concello e a asociación FEGATEA veñen de asinar un convenio que concreta os termos nos que se desenvolverá en este 2025 o ciclo Fegateatro.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a vicepresidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Ana Mª Rodríguez, foron os responsables de asinar o acordo. Unha colaboración que permitirá a representación de sete actuacións de teatro amador de acceso gratuíto para a veciñanza.

Esta nova edición do Fegateatro desenvolverase os días 11, 18 e 25 de outubro, así como o 8, 15, 22 e 29 de novembro no auditorio do centro social polivalente. A programación será elaborada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, tendo en conta as demandas do público brionés e cunha oferta que na actualidade conta con pezas de 56 grupos de teatro, procedentes das catro provincias galegas, sumando máis de 700 integrantes.

Desde a súa fundación hai 25 anos, FEGATEA reforzou un espazo propio para o teatro afeccionado en Galicia, avalado polas numerosas actividades que organiza, así como as que apoia e nas que participa.

Este labor foi recoñecido a nivel estatal con diversos premios como o Táboas da Federación Valenciana de Teatro en 2012 ou o da Federación de Teatro Afeccionado de Castela e León en 2016. Ademais, en decembro de 2020, a Xunta de Galicia outorgoulle o Premio da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas.

Post navigation

Previous: Manuel Bragado fala de Vigo nos Luns do Ateneo
Next: A Deputación colabora coas asociacións veciñais de Rois

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.