Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión

Brión celebrará o Día de Rosalía de Castro cunha ofrenda en Bastavales

Brión conmemorará o Día de Rosalía cunha programación especial ao longo da semana na que se cumpren 185 anos do nacemento da escritora.
brion-rosalia-slide-16-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Brión, 16 de febreiro do 2022 –  O Concello de Brión conmemorará o Día de Rosalía cunha programación especial e gratuíta que terá lugar ao longo da semana na que se cumpren 185 anos do nacemento da escritora.
    • Rosalí e o Caldo de gloria
    • Concerto de Xoán Eiriz

Brión, 16 de febreiro do 2022 –  O Concello de Brión conmemorará o Día de Rosalía cunha programación especial e gratuíta que terá lugar ao longo da semana na que se cumpren 185 anos do nacemento da escritora.

Unha programación que inclúe unha homenaxe na igrexa de San Xiao de Bastavales, contacontos e o concerto “Amada Rosalía”, do músico e cantante Xoán Eiriz.

A programación especial comezará o luns 21 de febreiro co contacontos “A miña historia”, de Trémola Teatro, onde a rapazada coñecerá mellor a vida e obra de Rosalía de Castro a través de Andrea, unha xornalista do século XIX que coñece todo sobre a escritora.

O espectáculo terá lugar na sala municipal de exposición, de 18:00 a 18:45 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

Rosalí e o Caldo de gloria

O mércores 23 de febreiro, ás 12:00 horas, terá lugar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro na igrexa de San Xiao de Bastavales con alborada, ofrenda floral e lecturas de poemas da escritora.

Durante toda a xornada, en distintos establecementos hostaleiros de Brión a clientela poderá gozar do “Caldo de Gloria” e do “Café con verso”. A primeira é unha iniciativa que homenaxea a Rosalía ofrecendo coas consumicións, a xeito de petisco, un tradicional caldo galego de acordo coa receita recollida nun poema da autora. Asemade, os cafés da xornada irán acompañados dun poema de Rosalía.

Pola tarde, a sala municipal de exposicións acollerá ás 18:00 horas o contacontos “O poder de Rosalía”, un espectáculo de narración oral a cargo de Pedro Brandariz especialmente dirixido a crianzas maiores de 4 anos.

Para asistir de balde a calquera dos dous contacontos programados será preciso inscrición previa en bibliotecadebrion@briondixital.com, consignando o nome e apelidos, un teléfono de contacto e o número de persoas que desexen asistir. O aforo estará limitado, polo que se atenderán as solicitudes por estrita orde de inscrición.

Concerto de Xoán Eiriz

Finalmente, o xoves 24 de febreiro, o músico e cantante Xoán Eiriz presentará en Brión o seu novo disco e fará un pequeno percorrido por algunhas das cancións máis significativas dos seus traballos anteriores.

O recital terá lugar no Centro Social Polivalente, ás 20:30 horas. A entrada será de balde con reserva previa a través da plataforma billeteira.concellodebrion.gal. As localidades poderán solicitarse a partir de hoxe martes 15 de febreiro.

Post navigation

Previous: A Praza de Abastos de Compostela apúntase ao Entroido
Next: O concurso Filloarte marca o comezo da Festa da Filloa de Lestedo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.