Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Nenos e froiteiras

brion plantacion froiteiros SLIDE 19 marzo 2025 (2)

A cativada da Escola de Educación Infantil dos Ánxeles plantan árbores froiteiras na contorna do parque infantil do Inxerido

O mellor xeito de preservar un futuro mellor é educar ben aos cativos. Garantir un amor pola natureza é un dos xeitos de facelo e plantar árbores é algo que acostuma a quedar na memoria do máis cativos.

Un total de 61 nenos e nenas da Escola de Educación Infantil dos Ánxeles, acompañados por moitos dos seus pais e nais, participaron nunha plantación de árbores froiteiras nunha finca municipal na contorna da urbanización do Inxerido, na parroquia dos Ánxeles (Brión). Trátase dunha iniciativa ecolóxica xurdida a raíz do proxecto de Fin de Grao de Ainhoa Prieto Álvarez, alumna de Dobre Grao en Mestra en Educación Infantil e Primaria.

A rapazada saíu camiñando da EEI dos Ánxeles media hora antes da plantación, xa que o proxecto tamén inclúe a promoción dun estilo de vida activo e saudable, guiados polos seus mestres e mestras, encabezados polo director do centro, José Luís Garaboa; a propia Ainhoa Prieto e o seu titor na Facultade de Ciencias da Educación, Geno Rodríguez Fernández.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Turismo, Guarina Rey, recibiron á expedición na parcela municipal cedida para o desenvolvemento da actividade: 3.500 metros cadrados a carón do parque infantil e da pista polideportiva da urbanización do Inxerido.

Froiteiras

Pablo Lago amosou a súa satisfacción pola implicación non so do alumnado e o profesorado da EEI dos Ánxeles neste proxecto, senón tamén das familias que asistiron esta mañá á plantación das árbores porque “é unha forma de que todos sintamos que estas árbores son algo noso, porque estou convencido de que así as coidarán moito máis e poderemos desfrutar de ver como van medrando nun lugar privilexiado, a carón da pista polideportiva e do parque infantil cuberto do Inxerido”.

Aínda que o proxecto inicial era a plantación dun bosque de árbores autóctonas, Afonso Touceda, técnico experto en xardinería e paisaxismo, explicou que finalmente optouse por deixar esa iniciativa para próximos anos e facer agora unha plantación de árbores froiteiras nunha zona máis visible para a veciñanza: ameixeiras, maceiras, marmeleiros, pereiras…

“O concepto era recrear o bosque galego e dende o Concello achegaron a finca que máis potencial tiña pero para este ano modificamos a idea de traer o bosque cara a finca para que esta zona, a parte máis amable, estea ocupada por froiteiras para que poida ser coidada por todos e así nos sentimos todos responsables”, indicou Touceda, quen explicou aos presentes o xeito correcto para plantar as árbores. “Este ano teñen que arraigar, o ano que vén empezarán a dar froita”, apuntou.

Próximo futuro

Pola súa banda, Ainhoa Prieto destacou que o obxectivo do seu proxecto é “promover a práctica da actividade física entre as crianzas, que se conciencien da importancia de coidar o medio ambiente e que participen activamente en actividades que teñan un impacto positivo na súa contorna inmediata”.

Un proxecto que terá continuidade en próximas datas xa que “imos plantar cinco árbores máis, que non tiñamos hoxe, e despois iremos varias veces durante o ano a regar, visitar a zona e ver os cambios que se producen”, apunta Prieto Álvarez.

A maiores, dende a EEI dos Ánxeles teñen programada tamén unha pequena xornada “na que as crianzas amosen os traballos que están facendo respecto á contorna natural, porque traballamos a súa importancia, a importancia das árbores e as problemáticas ambientais”. Así, entre outras tarefas, fixeron debuxos sobre a contorna natural e representaron os bosques queimados con cinzas.

Esta iniciativa de aprendizaxe-servicio está promovida por Ainhoa Prieto Álvarez, en colaboración co seu titor da Facultade de Educación, Geno Rodríguez Fernández, no marco dun traballo de Fin de Grao que se enmarca dentro do Proxecto EXCORAS, desenvolto polo Grupo de Investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela. Conta coa colaboración do Concello de Brión e da EEI dos Ánxeles.

Post navigation

Previous: A Xunta de Goberno de Compostela adxudica obras por máis de 3 millóns de euros
Next: Chega a primavera tras un inverno moi chuvioso

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.