займ срочно

O 1 de outubro terá lugar a 49º Carreira Pedestre da Amaia

0

Bisbarra, 7 de setembro do 2023 – Brión acollerá o vindeiro 1 de outubro a 40º edición da Carreira Pedestre da Amaia, que ven de abrir o período de inscricións.

Organizada polo Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, a Carreira Pedestre da Amaia comezará as dez da mañá nas inmediacións do parque de Pedrouzos.

A carreira é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e terá lugar baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A maiores, será puntuable para o IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

As inscricións poderán formalizarse ata o mércores 27 de setembro a través da web www.carreirasgalegas.com. Como nas corenta edicións precedentes, as persoas adultas deberán aboar 5 euros, mentres que para os menores de 16 anos as inscricións son de balde.

Cambios sobre edicións anteriores

A XL Carreira Pedestre da Amaía inclúe este ano varios cambios. O primeiro é o seu traslado do tradicional primeiro sábado despois de Santa Minia pola tarde ao primeiro domingo despois de Santa Minia pola mañá, a partir das 10:00 horas. Outra novidade será que a proba absoluta será a primeira en desputarse: con saída ás 10:00 horas, deixando para a cativada o horario entre as 11:30 horas e as 12:30 horas.

A proba absoluta realizarase sobre un circuíto de 5.000 metros aproximadamente (98% asfalto e 2% terra) ao que se darán dúas voltas. Os circuítos das carreiras de menores terán lugar nas inmediacións campo de fútbol municipal de Brión. Ao finalizar a proba, todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido na liña de meta.

A XL Carreira Pedestre da Amaía repartirá 1.800 euros en premios e agasallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 250, 200 e 150 euros, respectivamente.

Tamén se entregarán trofeos e premios en metálico para os tres primeiros clubs federados clasificados, onde os equipos poden ser mixtos. Finalmente, haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, salvo os correspondentes aos empadroados en Brión.

Os atletas Hugo García Souto (RC Celta de Atletismo) e Ester Navarrete Santana (Fútbol Club Barcelona) foron os gañadores da 39 Carreira Pedestre da Amaía, na que participaron un total de 303 atletas, 157 na proba absoluta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies