Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión presenta denuncia polo boicot ao alumeado público

Brión denunciou ante a Garda Civil varios boicots sufridos polo alumeado público e pide desculpas á cidadanía polas molestias sufridas.
brion-boicot-alumeado-slide-24-outubro-2022-(1)_r

Bisbarra, 24 de outubro do 2022 – O concello de Brión denunciou ante a Garda Civil varios boicots sufridos polo alumeado público e pide desculpas á cidadanía polas molestias sufridas.

O alcalde, Pablo Lago, deu conta no pleno municipal de que encargara un informe técnico sobre a situación do alumeado municipal a unha empresa especializada. Lago dixo que “dese informe podemos concluír que o 90% das avarías son causadas pola manipulación intencionada de diferentes elementos da rede”.

Colaboración veciñal

As avarías segundo o informe non son simples actos vandálicos, senón que buscan causar o maior prexuízo posible tanto para as instalacións públicas como para a veciñanza.

Entre estes actos, que teñen lugar en practicamente todas as parroquias, figuran manipulación de contadores e cadros eléctricos, cables cortados nas arquetas, células fotoeléctricas cortadas, térmicos baixados manualmente, reloxos programadores manipulados… que provocaron que nos últimos meses se incrementaran as queixas veciñais. Sobre todo porque, a pesar de que se reparan as avarías, estas volven repetirse de xeito periódico e nos mesmos lugares.

Diante desta situación, o Concello de Brión puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, que abriu a correspondente investigación. “Solicitamos a colaboración cidadá para que poña en coñecemento da Garda Civil ou do propio Concello calquera información que poida servir de axuda para dar coa persoa ou persoas responsables destes actos e poder así atallar o problema”, indica Pablo Lago, quen lembra que estas avarías “supoñen un gran trastorno para a veciñanza que as sofre pero tamén son un gasto importante para as arcas municipais”.

Post navigation

Previous: A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos non se rende
Next: O informe dun “experto internacional” facilitou a autorización da LAT que cruzará o Castro Lupario

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.