займ срочно

Taboleiro dixital de anuncios e axudas para libros de texto no pleno de Brión

0

Bisbarra, 14 de setembro do 2023 – O concello de Brión celebrou o pleno ordinario de setembro que aprobou axudas para libros de texto e un novo taboleiro dixital de anuncios.

Imaxe dun pleno do mes de xunho de este mesmo ano

A sesión plenaria aprobou destinar 10.000 euros á compra de libros de texto por parte das familias do concello. A concelleira de Ensino, Guarina Rey, o confirmou nunha resposta a unha pregunta do BNG.

A concelleira especificou que “estamos estudando como baremalo e imos articular estes cartos a través dos Servizos Sociais”. De feito, o alcalde de Brión, Pablo Lago, lembrou que estes cartos están consignados nos Orzamentos de 2023 para esta función.

Nova ordenanza de administración electrónica

O pleno aprobou por unanimidade a nova ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Brión, que vai permitir máis transparencia na xestión municipal. Un exemplo é que o taboleiro de anuncios físico instalado no municipio será substituído por outro dixital na Sede Electrónica municipal, isto fai que calquera cun ordenador teña acceso a el e non precise acudir fisicamente ao concello.

A iniciativa parte da Deputación da Coruña que tamén ofrece a posibilidade de gravar e retransmitir os Plenos municipais. Un punto que coincidía cunha moción do BNG reclamando a gravación das sesións. “É unha opción aberta. A ver que nos achega a Deputación e, en canto sexa posible, gravaranse e emitiranse”, apuntou o alcalde brionés.

Ata entón, o Pleno volveu rexeitar a moción do BNG, que insistía en que fose o Concello quen puxera os medios técnicos e humanos para realizar as gravacións sen ter que agardar á oferta da Deputación. A proposta foi rexeitada co voto de calidade do alcalde, ao rexistrarse un empate a 6 votos entre o PSOE e o PP/BNG, que votaron toda a orde do día de forma conxunta.

Tamén se desestimou unha solicitude de cambio de hora dos Plenos, presentada polo BNG, das 13:00 horas ás 20:00 horas. Porén, o voceiro nacionalista aceptou a “emenda in voce” presentada polo voceiro popular e propuxeron cambiar os plenos ás 18:00 horas. O grupo de Goberno volveu rexeitar a proposta e insistiu na súa dispoñibilidade a adaptar o horario ás necesidades dos concelleiros, sempre que este sexa en horario de mañá.

Finalmente, o Pleno aprobou por unanimidade unha terceira moción do BNG pedindo a creación do Consello Escolar Municipal, despois de que retirara a súa proposta de incluír concelleiros dos distintos grupos no Consello e de que desistira da súa esixencia de que tiña que estar listo o 15 de outubro. O alcalde explicou que “estamos a favor da creación do Consello Escolar pero vendo a súa composición e cambiando os prazos. Traballaremos para que esta listo a finais deste 2023”.

Por primeira vez nas últimas lexislaturas, o grupo popular non presentou iniciativa algunha: nin mocións, ni rogos nin preguntas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies