Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión aproba o V Plan de Igualdade

No pleno de Brión o alcalde confirmou ademais que se traballa na instalacións dos vinilos que atenuen na calor no IES

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

Brión, 16/04/2026 – O V Plan de Igualdade de Brión ven de ser aprobado no último pleno municipal. Un plan que estará vixente ata o ano 2030 e ao que toda a veciñanza poderá acceder a través da páxina web do concello.

O Plan de Igualdade de Brión é unha guía de boas prácticas, especialmente dirixidas a integrar a perspectiva de xénero na xestión municipal cotiá. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, agradeceu a colaboración da veciñanza na elaboración deste quinto plan durante o seu período de consulta aberta, “tempo no que puideron achegar as súas inquedanzas, propostas e ideas co obxectivo común de construír un concello máis seguro, libre e igualitario”.

Froito destas consultas e do traballo dos Servizos Sociais do Concello de Brión realizouse unha diagnose da realidade municipal dende unha perspectiva de xénero e se fixaron obxectivos para eliminar toda discriminación por razón de sexo. “Isto implica a creación dun código de boas prácticas e a integración da perspectiva de xénero na xestión municipal diaria para tratar de acadar unha igualdade real”, sinalou o alcalde brionés.

Outros temas no Pleno de Brión

O resto da sesión plenaria de Brión caracterizouse pola unanimidade, pois todas foron aprobadas sen debate e por acordo dos tres grupos municipais. Aprobouse o inventario municipal a decembro de 2024, que ascende a 48.346.282,89 euros, unha vez sumadas as altas do último ano (2.041.137.69 euros) e descontadas as baixas (14.112,33 euros). Aprobouse ademais unha modificación ao convenio asinado co Concello de Ames para a xestión e organización do obradoiro dual de emprego Renova Verde.

Finalmente, o Pleno tomou coñecemento da renuncia de Teresa Avelina Andrade como concelleira do BNG, polo que se remitirá requirimento á Xunta Electoral Central para a designación de substituta que, de acordo coas listas electorais, sería Marta Romero García. Ademais, aprobáronse como declaracións institucionais dúas propostas achegadas pola Federación Española de Enfermidades Raras e a FEGAMP, co gallo do Día das Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño.

IES de Brión

Na quenda de preguntas, o alcalde de Brión informou de que a semana pasada mantivo un contacto informal co director territorial de Educación na Coruña, Santiago Freire, no que lle comunicou que se está tramitando o expediente para contratar a instalación de vinilos que atenúen o calor nas aulas do IES de Brión, atendendo así as demandas da comunidade educativa brionesa.

A voceira do Grupo de Goberno, Sandy Cebral, reiterou “o noso apoio sempre ás demandas da comunidade educativa de Brión”, lembrando que no Concello só houbo un escrito sobre as altas temperaturas no IES, presentado pola ANPA Pedra Viada o 20 de xuño de 2025, “non dous anos antes como se está a dicir”.

Unha demanda da que o Concello de Brión deu traslado directamente á Consellería de Educación, durante as reunión mantidas polo alcalde co conselleiro. Ademais, a voceira municipal tamén lembrou que “durante a sinatura do convenio de mellora do CEIP e do IES de Brión, feito no propio instituto en maio de 2025, ninguén da Dirección ni do Profesorado do IES presentes lle trasladaron esta petición ao conselleiro”. Unha cuestión que tampouco foi tratada na última reunión do Consello Escolar e sobre a cal a derradeira información dispoñible foi un contacto informal coa concelleira de Educación, que mentres estaba no seu traballo se atopou con representantes da ANPA que a convocaron a acudir a unha posterior reunión para abordar este tema. Reunión que non foi convocada, a día de hoxe.

Post navigation

Previous: ADEGA inicia a campaña de primavera do Proxecto Ríos
Next: Alana presenta na Capitol  “Un saber”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.