Bisbarra, 22 de outubro do 2024 – A ANPA Andaravía manifestarase o vindeiro dçia 26 en Compostela, a partir das 12 h., para denunciar os incumprimentos da Xunta de Galicia coa Valedra do Pobo e o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos en Brión.

A Valedora confirmoulle á ANPA Andaravía que a Consellería de educación non remitiu o informe solicitado por esta institución en relación cos recortes de profesorado. Para a Xunta directiva da asociación, trátase da “constatación da vontade da Consellería de non cumprir as normas”.
A ANPA abunda nestes incumprimentos, sinalando que a Consellaría de Educación “non compren a normativa de comedores que a propia Administración elabora, nin o acordo de ratios asinado cos sindicatos, nin a obriga de atender axeitadamente o alumnado con necesidades especiais”.
A queixa da ANPA ante a Valedora do Pobo foi rexistrada o pasado 6 de setembro e admitida a trámite o día 17, data en que se lle outorgou á Consellaría un prazo de 15 días para lle remitir “información sobre os problemas que motivan a súa queixa.
Andaravía sinala que “Amplamente superado ese prazo, a Consellaría fai caso omiso das súas obrigas legais, ata o punto de que a propia Valedora cita a Lei que regula a súa institución e lembra que a “negativa ou neglixencia” de calquera organismo ao envío dos informes solicitados poderá ser considerada como hostil e entorpecedora”.
Novas mobilizacións
Ante o silencio por parte da Consellaría de Educación, a ANPA Andaravía acordou na última asemblea xeral seguir coas protestas. Neste sentido, sumarase á manifestación convocada en Santiago de Compostela o próximo sábado, día 26 de outubro, ás 12 horas.