Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Cuarta edición de “Altamira Brilla”

altamira brilla slide 10 xunho 2025 (2)

Brión, Ames e a Deputación organizan a vindeira fin de semana a festa histórica do Val da Maia, a cuarta edición de “Altamira Brilla”

As Torres de Altamira en Brión foron durante anos arte fundamental do patrimonio da Deputación pero faltaba poñelas en valor e dalas a coñecer. Con esta finalidade naceu hai catro anos “Altamira Brilla”, a que foi denominada como festa histórica do Val da Maía.

“Altamira Brilla” conmemora a Batalla de Altamira, e desenvolverá as súas actividades o venres 13 e mailo sábado 14 de xuño. O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns.

As Torres de Altamira son un monumento patrimonio da Deputación da Coruña, considerado Ben de Interese Cultural e situado nun espazo privilexiado que o converte nun magnífico miradoiro sobre o Val da Maía.

Construídas no século IX, as Torres foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. O evento “Altamira Brilla” busca recuperar a memoria histórica da batalla, que tivo lugar o 13 de xuño de 1471 entre as tropas do arcebispo Alonso Fonseca II e Lopo Sánchez Moscoso.

As actuacións musicais e maila representación teatral serán no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre, en Brión; mentres que na ruta teatralizada percorreranse os escenarios da Batalla de Altamira, no concello de Ames, para despois rematar nas Torres.

Venres 13 de xuño: actuacións musicais

-Ás 20.00 horas. Actuación do grupo de pandeireteiras da Costaneira de Ames.

-Ás 20:30 horas. Actuación do grupo da Escola Municipal de Pandeireta de Brión.

-Ás 21.00 horas. Concerto do grupo Carmela.

Para asistir é preciso reservar os convites de xeito gratuíto na Billeteira do Concello de Brión.

Sábado 14 de xuño: ruta teatralizada e representación teatral

O sábado, 14 de xuño, haberá unha ruta teatralizada polos escenarios da batalla. Combinaranse tramos e pé e en autobús cun percorrido polos escenarios da Batalla de Altamira (Augapesada, Ponte Maceira, Trasmonte e As Torres). Para inscribirse na ruta é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo rutabatallaaltamira@gmail.com.

16:30 horas. Saída en autobús da Carballeira de Santa Minia (Brión).

16:45 horas. Saída en autobús do Pazo da Peregrina (Ames).

17:00 horas. Inicio da ruta desde Augapesada (Ames).

20:00 horas. Remate da ruta nas Torres (Brión).

22:00 horas. Regreso do autobús ata a Carballeira de Santa Minia e ao Pazo da Peregrina.

As persoas que participen nesta actividade percorrerán un tramo a pé dende Augapesada, polo Mar de Ovellas (só se percorrerá o tramo de terra). De seguido, o autobús recollerá aos/ás participantes para trasladalos ata A Ponte Maceira, e de alí ata a igrexa de Trasmonte. Dende onde se realizará o último tramo andando ata as Torres de Altamira, pasando polo Pazo e Leboráns.

A hora de chegada ás Torres está prevista para as 20.00 horas. Haberá media hora de descanso ata ás 20.30h, momento no que comezará a presentación e contextualización da representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. Ás 22.00 horas, cando remate dita representación teatral, as persoas participantes na ruta volverán en autobús ata a Carballeira de Santa Minia e ao Pazo da Peregrina.


Representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns

Ademais, das persoas que participen na ruta teatralizada, os veciños e veciñas que o desexen poderán acudir á representación teatral do grupo Os Quinquilláns. Para elo hai que reservar os convites de xeito gratuíto na Billeteira do Concello de Brión. Ás 20.30h haberá unha presentación e contextualización; e ás 21:00 hora comezará a representación teatral.

Post navigation

Previous: Menos eólicos e máis potencia, un novo modelo?
Next: Deputación e concello de Melide buscan colaboración en cultura e deporte

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.