Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión mellora a denominada recta de Liñares

brion aglomerados SLIDE 5 abril 2025 (3)

Os traballos de aglomerado na recta de Liñares supoñen un investimento de preto de cincuenta mil euros.

O Concello de Brión vén de rematar as obras de mellora da estrada que atravesa a aldea de Liñares, coñecida como “a recta de Liñares”, nas que investiu preto de 50.000 euros procedentes de fondos propios.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e o concelleiro de Obras, José Antonio Vidal, visitaron a zona para comprobaren a correcta execución das obras, onde a empresa adxudicataria está a rematar o pintado da sinalización horizontal e as liñas de borde do viario.

“Trátase dunha estada moi transitada”, explica José Antonio Vidal, “e non so polos veciños e veciñas de Liñares senón por moitos máis, xa que une a avenida de Santa Minia (AC-451) coa estrada da Deputación (DP-1301), que comunica coas aldeas da parte alta do municipio”. Durante a súa visita, alcalde e concelleiro comprobaron a boa execución dos traballos, en especial os accesos ás vivendas a pe de estrada.

As obras incluíron o arranxo de fochancas e a mellora dos 880 metros da estrada, de 5,5 metros de ancho, con cinco centímetros de aglomerado en quente. A maiores, colocouse unha varanda modular de 16 metros para mellorar a seguridade viaria.

O alcalde brionés sinala que “nestes momentos temos en marcha máis dunha ducia de obras por todo o municipio e seguimos traballando para chegar ao maior número de aldeas o antes posible”.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  31 de marzo ao 4 de abril
Next: Benigno Ledo, o “Cura das abellas”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.