Bisbarra, 5 de marzo do 2024 – Brión conmemorará o 8M con dous obradoiros, unha obra teatral e a concentración con lectura de manifesto o propio venres Dia Internacional da Muller.
Será hoxe martes cando comece esta programación de Brión co primeiro dos obradoiros “Reconectarme a través da creatividade”, dirixido a mulleres maiores de 16 anos. As participantes aprenderán a conectarse coas súas emocións a través da creatividade, o xogo, o movemento e as artes.
Nestes obradoiros, hoxe e o 12 de marzo de 18:45 a 20:45 no centro social polivalente, traballarase con materiais como a pintura, a arxila… se ben o obxectivo non é o resultado artístico das obras en si mesmas, senón a busca da harmonía con un mesmo a través da vivencia dun proceso creativo.
Uns obradoiros gratuítos dinamizados por Baia Fernández e dirixidos a mulleres de más de 16 anos, que deberán anotarse a través do mail beatriz.yanez@concellodebrion.gal.
Por outra banda o xoves 7 de marzo terá lugar a posta en escena da obra “As damas de Ferrol”, unha comedia de Teatro do Noroeste dirixida a un público adulto. Dirixida por Clara Gayo, trátase dunha comedia de humor negro en clave feminista sobre a historia de dúas mulleres, Maruxa e Lourdes, que só se teñen a unha á outra. Será ás 20:30 horas, no centro social polivelente. A entrada é totalmente de balde, se ben é preciso reservala en bandoticket.com.
Finalmente, o propio venres 8 de marzo, a praza do Concello de Brión acollerá ás 12:00 horas a lectura dun manifesto conmemorativo do Día da Muller. Unha programación elaborada polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña e o Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.