Bisbarra, 13 de decembro do 2023 – O concello de Brión preparou unha extensa programación de Nadal que inclúe este venres o acendido das luces as seis da tarde na Carballeira de Santa Minia.
A xornada terá ademais os concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona e da Banda de Música de Brión. Os rapaces de sexto curso do CEIP de Pedrouzos organizarán ademais un mercadiño de Nadal.
Tras o acendido das luces ás seis da tarde o día completarase con teatro. No centro social polivalentes estarán Mofa e Befa con Pirolíticos a partir das oito e media da tarde. No mesmo espazo ao día seguinte, dentro do ciclo de teatro amador, estarán Carrachanacacha do Aturuxo de Melpómene con “A pena do cu do mundo”, en este caso a partir das oito da tarde.
O venres 22 Trangalleiro Teatro presenta “unha casa de tolas” as oito da tarde no centro social polivalente. Durante todo o mes, ata o día 31, prosegue a campaña solidaria de doazón de alimentos. Ata o 21 está activa tamén a campaña e concurso #unnadalenbrion, para participar tes que compartir nas redes sociais a túa decoración de Nadal.
Xa en xaneiro, do día 2 ao 4, celebrarase o XXVIII Festival de títeres de Brión. As cinco e media da tarde no centro social polivalente. E Xa o venres cinco a cabalgata dos Reis Magos percorrerá as parroquias do concello.