Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión destina 698.000 euros a pagar o recibo do lixo e melloras no municipio

Brión destinará unha parte de esa cantidade a acondicionamento de accesos a núcleos, limpeza viaria, alumeado público e zonas verdes

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

O Pleno de Brión aprobou, en sesión extraordinaria, a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos POS+ 2026 que destina os 698.441,47 euros a financiar gasto corrente.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, dou as gracias ao POS porque “podemos sacar adiante os principais proxectos e actuacións”. O rexedor explica que “estes fondos destinaranse a financiar actuacións de mellora de acceso a núcleos en todas as parroquias, limpeza viaria, alumeado público, parques e xardíns, así como a solucionar os problemas da recollida de lixo coa Mancomunidade, que vén de moitos anos e nos lastrou moito a todos os concellos”.

Así mesmo, o Pleno aprobou destinar os 106.420 euros do Plan Complementario 2026 ás obras de mellora do viario de Guitiande.

A proposta da Alcaldía saíu adiante cos sete votos a favor de PSOE e PP, e as dúas abstencións do BNG. Unhas abstencións que xustificaron no feito de que non se lles tivera convocado a unha negociación previa da proposta do Plan Único e que Brión continúe cos orzamentos prorrogados.

Pablo Lago lembroulles que “cando lles ofrecín negociar os orzamentos estivemos tres meses reuníndonos e despois tamén se abstiveron”, así como que “ao longo do ano se trouxeron propostas a este Pleno dos distintos grupos municipais que serán atendidas en función dos recursos económicos que temos”.

Renova verde

Por outra banda, o Pleno de Brión aprobou por unanimidade delegar no Concello de Ames a xestión e organización do obradoiro dual de emprego Renova Verde. “Despois de varios anos dedicados ás enerxías renovables en xeral, e ás instalacións fotovoltaicas en particular, este ano apostamos por actuacións de mantemento e instalación de xardinería, xa que é unha actuación interesante para ambos os dous municipios e tamén porque empresas da comarca nos teñen trasladado a necesidade que teñen de persoal ben formado no sector”.

Un obradoiro que contempla unha vintena de actuacións de melloras en zonas verdes do municipio brionés.

Post navigation

Previous: A Casa da Xuventude envellece
Next: Día dos Medios en Galego 2026 no 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.