Compostela, 28 de xuño do 2017 – A Casa das Crechas acolle hoxe un concerto de Ceumar, unha das cantoras e compositoras brasileiras máis destacadas da actualidade.
Ceumar se presenta en Galicia no seu formato máis íntimo: guitarra e voz. Na súa música combínase de xeito único a música popular brasileira con influencias de pop, jazz, bossa nova e samba.
Naceu en Minas Gerais nunha familia de músicos, e comezou a estudar guitarra en Belo Horizonte. No 2000 lanzou o seu primeiro disco, Dindinha, producido por Zeca Baleiro, e dende entón actuou nos principais palcos de Brasil e Europa.
Nesta ocasión presentará o seu sexto álbum, Silenza (2014), froito dunha colaboración co violonchelista francés Vincent Ségal, profundo coñecedor da música brasileira que ten traballado con nomes como Nana Vasconcelos, Elvis Costello, Cesaria Évora ou Carlinhos Brown, e fará tamén un repaso a algúns dos temas máis coñecidos da súa carreira.
