Patrimonio esixe a infraestruturas que corrixa o proxecto e a Xunta desiste e levará o itinerario fora do Bosque do Banquete de Conxo

A senda ciclista entre O Milladoiro, en Ames, e as instalacións da Xunta de Galicia en Santiago quedará fora do Bosque do Banquete de Conxo. Unha das liortas abertas entre concello de Santiago e Xunta de Galicia ven de ser resolta por unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio.
O trazado fora deseñado pola Consellería de Vivenda e Infraestruturas pero a Dirección Xeral de Patrimonio ordena a súa modificación para preservar espazo natural do Bosque de Conxo. O proxecto xa fora modificado e a nova proposta pasaría polo aparcamento do hospital reducindo o impacto no Bosque.
Patrimonio considera que non é suficiente xa que toda a zona forma un conxunto que ten un plan urbanístico cunha protección específica que, ademais, está pendente dun plan especial. Para a Dirección xeral a nova proposta aínda que minimiza o impacto segue afectando ao conxunto ao implicar novas construcións.
A Xunta desiste e sacará a senda do Bosque de Conxo
Esta resolución, que obriga á presentación dun novo itinerario, motivou que a Xunta deixe en suspenso este tramo. A Consellería alude tamén ao rexeitamento que provocaba o proxecto de senda en este punto e asegura que en ningún caso porá en perigo o patrimonio cultural.
A Xunta decide desviar os fondos a outros proxectos e levará a senda ás rúas Benefica de Conxo e Ramón Baltar, e dicir pola que parte da Rocha Vella pasando por diante de Televés ata unirse coa que sube ao Hospital Provincial de Conxo.
Quedará por resolver a unión de ese tramo co xa rematado que parte da Estación Intermodal e que discorre paralelo á senda das Brañas do Sar.