займ срочно

Promoven a protección da Braña da Calzada en santa Comba

0

Bisbarra, 23 de setembro do 2022 – A organización ecoloxista ADEGA está promovendo a catalogación de humidais como a Braña da Calzada para conseguir a súa protección legal.

 Este humidal situase nos concellos de Zas e Santa Comba máis non está recollido no Inventario de Humidais de Galiza regulamentado polo Decreto 127/2008. A Braña da Calzada tampouco aparece na listaxe de zonas protexidas na actualización do Plano Hidrolóxico da demarcación Galiza-Costa para o ciclo 2021-2027.

Adega explica que A Braña da Calzada é un ecosistema húmido dunhas 18 hectáreas nun bo estado de conservación. Trátase dunha cubeta de posíbel orixe periglaciar dunhas 18 hectáreas de extensión e moi baixa pendente (<1%). Está drenada polo rego de Cícere, afluente do García que verte as augas ao Xallas.

É unha área permanentemente encharcada con vexetación herbácea e arbustiva e orla arbórea perimetral parcial. A superficie da braña está claramente delimitada por viais, pistas forestais e fincas agrícolas. Arestora a Braña da Calzada está ameazada polos tendidos eléctricos de evacuación (LAT) dos parques eólicos Lagoa I e II.

Leis para protexer

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación das áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos.

ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos…

ADEGA levou a iniciativa para que os Planos Hidrolóxicos incorporaran ao catálogo de zonas protexidas a listaxe completa do Inventario dos Humidais de Galiza elaborada polo IBADER en 2003.

Este feito suporá, dende a publicación das respectivas normas no DOG e BOE, a protección automática de máis de 1100 humidais galegos. Porén hai moitas outras zonas húmidas que fican aínda sen catalogar. Interesar o seu coñecemento e protección é o obxectivo de iniciativas como a que presentamos hoxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies