Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Rematou a espera, a Rapa das Bestas de Sabucedo xa é BIC

Rapa-das-Bestas-Sabucedo-2022-slide-7-xullo-2022_201514_1

Este luns o Consello da Xunta declaraba Ben de Interese Cultural á Rapa das Bestas de Sabucedo cumprindo o compromiso de que o recoñecemento chegara antes da rapa 2025.

Hai pouco máis dunha semana que falabamos da espera da Rapa pola declaración BIC, Ben de Interese Cultural. Este luns a Xunta cumpriu o compromiso de que a declaración chegara antes da Rapa de este ano, que será a vindeira fin de semana, e a aprobaba no Consello.

A declaración BIC concédeselle na categoría de patrimonio inmaterial polo seu “valor cultural sobranceiro”, que se mantén desde hai máis de tres séculos. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude culmina así o procedemento iniciado en 2024 para unha “manifestación extraordinaria” nos eidos da cultura e o turismo.

O Consello da Xunta considerou acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao se tratar dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento  supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. 

 Esta declaración, que se suma á de Festa de interese turístico internacional acadada en 2007, chega tras completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables a que a manifestación inmaterial sexa declarada ben de interese cultural ao posuír un valor cultural sobranceiro dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, cómpre salientar que no proceso de exposición pública non se rexistrou ningunha alegación contra este recoñecemento.

Trátase da manifestación inmaterial máis clara que existe en Galicia da relación ancestral entre uns animais, neste caso cabalos, e os seres humanos, como xa se reflicte nos gravados rupestres que existen preto de Sabucedo.

A maiores, esta declaración procura tamén ser un recoñecemento das tradicións e dos costumes do mundo rural herdados dos devanceiros, que foron transmitidos de xeración en xeración. Polo tanto, supón un reflexo da apropiación identitaria feita manifestación inmaterial pola veciñanza ao longo destes trescentos anos, “merecentes de se conservaren e seren coñecidos”.

Precisamente, cómpre lembrar que a Rapa das Bestas de Sabucedo, de catro días de duración que dan comezo o primeiro venres do mes de xullo, abrangue nesta denominación unha serie de rituais que se agrupan en tres fases: a misa alborada, a baixada dos cabalos salvaxes do monte e a rapa destes, tamén denominada curro.

O decreto recolle que a rapa dos animais supón a escenificación entre os denominados aloitadores e as bestas, que require experiencia e valor, á vez que transmite unha espectacularidade que fai que, no día de hoxe, adquirise unha notoriedade que esperta interese e presenza nos medios de comunicación galegos, españois e internacionais, así como unha gran concorrencia nesta aldea, que non supera os 60 habitantes durante o resto do ano.

Con esta aprobación xa son 789 os bens de interese cultural existentes en Galicia. Deles 116 foron declarados desde a entrada en vigor da Lei de patrimonio cultural de 2016, unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno por protexer, conservar e pór en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade.

Medidas de salvagarda

O decreto aprobado tamén recolle a conveniencia de rexistrar e sistematizar documentos relacionados con este patrimonio para poder ter “unha comprensión máis eficaz e completa”, ao tempo que se empraza a promover a súa difusión.

De igual xeito, estipula como recomendable que se incorpore o seu coñecemento ao ensino tanto formal como non formal. Ao respecto, apúntase que este traballo supón apoiar a transferencia de coñecementos, técnicas e significados para evitar a fosilización da manifestación. 

Post navigation

Previous: O Centro de Saúde de Padrón a debate no Parlamento
Next: “Vandalizan” a sede do PP en Santiago

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.