Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Benigno Ledo, o “Cura das abellas”

usc o cura das abellas SLIDE 6 abril 2025

A Universidade de Santiago presenta un estudo que pon en valor de Benigno Ledo para a modernización da apicultura en Galicia

A importancia da apicultura en Galicia chéganos desde dende hai séculos pero a súa modernización comezou a finais do XIX e nos primeiros anos do século XX. O alcumado “Cura das abellas”, Benigno Ledo, é un dos protagonistas de eses avances fundamentais.

Benigno Ledo nunha das súas clases. FOTO: RAG  

Un estudo dos profesores Damián Copena, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, ADE, e María Gómez Martín, profesora da Universidade de Oviedo, define un pouco máis e pon en valor o papel que xogou Ledo en esa modernización da apicultura.

O traballo aborda como o papel “Cura das abellas” foi clave na expansión das colmeas de cadros móbiles. Dende a década de 1880, coa introdución da primeira colmea mobilista, este relixioso convértese en protagonista, a través dunha longa e diversa serie de iniciativas, do impulso para a transformación do modelo apícola e a divulgación e expansión das técnicas modernas vinculadas coas colmeas de cadros móbiles.

O estudo publicado na revista Cuadernos de Estudios Gallegos pon en valor a figura de Ledo. A investigación profunda en como o “Cura das abellas” colaborou en múltiples cabeceiras de prensa, e realizou conferencias ademias de ser responsable da innovación tecnolóxica en colmeas e utensilios apícolas, nalgúns casos a través de patentes.

Con todo, dentro da longa traxectoria de actuacións vinculadas coa modernización da apicultura en Galicia nas que participa, destaca a súa designación, por parte da Deputación de Lugo, como profesor provincial de apicultura. Desde o ano 1927 e ata 1948, Ledo desenvolve unha ampla e variada gama de iniciativas vinculadas coa propagación e fortalecemento do mobilismo.

O “Cura das abellas” convértese en profesor de apicultura en centros de ensinanza de Lugo, instala varios apiarios tanto na cidade como en diferentes puntos da provincia, realiza conferencias en municipios e sindicatos e tamén publica materiais formativos específicos, sendo destacable o seu “Cursillo práctico de Apicultura”, que se converte nunha obra de referencia no ámbito galego.

“As tarefas realizadas dende a Deputación posibilitan o incremento do número de colmeas mobilistas na provincia e a expansión das prácticas modernas”, explican os profesores Copena e Gómez. Estas actuacións a prol da apicultura moderna “continuarán nas seguintes décadas grazas ao alumnado e aos discípulos do profesor de apicultura”, engaden.

Sistema alternativo

Tal e como se desprende do estudo, Benigno Ledo consideraba necesario cambiar o modelo fixista predominante en Galicia, polo mobilista, sistema alternativo que agroma desde mediados do século XIX a partir dunha serie de descubrimentos científicos que permiten unha maior interacción das persoas que se dedican á aplicultura nas colmeas e un incremento da intensificación e das producións obtidas. De feito, Ledo produce innovacións no sector apícola a partir da creación de tres modelos de colmeas mobilistas: a Ledo-Argozón, a Vivero e a Avión, ademais de crear melloras relevantes en varios utensilios do oficio apícola.

O estudo sinala que a apicultura formaba parte das economías de subsistencia nas áreas rurais, sendo unha actividade sumamente relevante tal e como mostra a existencia de máis de 366.000 colmeas a mediados do século XVIII, “aproximadamente tres veces máis das que hai censadas na actualidade”, salienta o artigo.

A actividade apícola galega tradicional fixista, cuxa denominación deriva de que os favos creados polas abellas non se poden mover, contaba cunha escasa dedicación temporal.

Segundo explica a investigación, a apicultura en Galicia foi historicamente unha actividade ligada ás economías familiares de subsistencia e con manexos pouco intensivos. A apicultura en Galicia mantívose sen grandes modificacións ata a entrada no territorio dunha nova concepción desta actividade rural: a apicultura mobilista.

O manexo das abellas vai comezar a transformarse conceptualmente coa chegada, a partir da segunda metade do século XIX, de varios descubrimentos foráneos.

As diferentes innovacións científicas aparecidas, como o paso da abella, espazo entre os elementos do interior da colmea que os insectos non encherán con cera ou con própole, foron a base para a aparición dunha nova maneira de entender a actividade apícola artellada arredor do cadro móbil nas colmeas, o que permitirá deseñar novas tecnoloxías que posibiliten unha maior intervención das persoas apicultoras no interior das colmeas e na actividade das mesmas.

“Benigno Ledo encádrase nun contexto no que se sinala a necesidade de que as persoas ilustradas, de maneira destacada os relixiosos e os mestres de escola, sexan axentes clave no proceso de difusión da apicultura moderna”, explican Copena e Gómez.

Neste senso, no proceso de modernización da apicultura a nivel estatal, ademais de Benigno Ledo, outras persoas ligadas ao ámbito da Igrexa contan cun papel moi relevante. “Certamente, a relación entre os párrocos e as abellas vén de lonxe, contando historicamente os centros relixiosos con colmeas para a produción propia dos produtos apícolas e, fundamentalmente, da cera de abella, un produto que tiña unha grande demanda por parte da Igrexa”, relatan.

O artigo titulado ‘Benigno Ledo, o Cura das Abellas, e a modernización da apicultura en Galicia’ pretende recuperar a figura deste relixioso como introdutor e impulsor da modernización da apicultura en Galicia durante as décadas finais do século XIX e a primeira metade do século XX.

A análise das publicacións xeradas polo profesor Ledo no exercicio da súa profesión, xunto ás fontes arquivísticas e documentais do período, permitiu comprender a variedade e o alcance da actividade do eclesiástico lucense no proceso inicial de transformación da industria apícola galega.

Post navigation

Previous: Brión mellora a denominada recta de Liñares
Next: Somos Pandeireteiras, un encontro único en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.