Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda
  • Xeral

Noite Folk de San Xurxo de Vea

A Noite Folk está organizada pola Asociación Cultural San Xurxo de Vea e chega a súa XIII edición.

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada

A Estrada, 1 de setembro do 2026 –  Comeza setembro pero os festivais e festas non paran na bisbarra. A final de mes chegará a Santa Minia pero antes organízase, o vindeiros venres 4 de setembro, a XIII Noite Folk.

San Xurxo de Vea acollerá esta Noite Folk no campo da festa. Como cada ano, diferentes grupos galegos encherán este evento, organizado pola Asociación Cultural San Xurxo de Vea.

Na décimo terceira edición os protagonistas serán Xosé Lois Romero & Aliboria, as Lagharteiras, Galega de Bailables e a charanga tradicional Argalleiros. Os concertos darán comezo a partir das 21:30 horas, pero antes xa haberá actividades.

Ás 20:30 horas terá lugar un obradoiro de baile impartido por Antonio Prado, bailador e percusionista coruñés. Será unha proposta aberta para achegarse ao baile tradicional e participar activamente na festa, así como unha boa forma de aprender os pasos básicos ou melloralos.

Tamén haberá actividades para a cativada organizadas por David Orihuela, animador sociocultural estradense, que este ano propón a realización dunha manualidade no propio campo da festa. 

Postos de artesanía, foodtrucks… E por suposto haberá aparcadoiro abondo. Será gratuito coa posibilidade de pago á vontade para colaborar coa festa. A cambio da colaboración repartiranse ‘rasca e gaña’, que poden resultar premiados con algúns obsequios achegados por empresas colaboradoras. 

Ao remate das actuacións dos grupos, a festa poderá continuar, xa que haberá foliada aberta. E todas aquelas persoas que desexen quedar a durmir, poderán facelo tanto na zona de acampada como na área habilitada para autocaravanas.

Camisetas solidarias

Durante o transcurso da noite, a xente poderase achegar ao posto da Noite Folk para levar a camiseta oficial da edición 2026. De cor amarela, e deseñada por ‘Xiralúa Estudio Creativo’, a camiseta ten un prezo de doce euros, dos que dous serán doados a ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia).

Continuase así o vínculo con esta entidade sen ánimo de lucro, creada por familias de nenos e adolescentes que están a pasar ou pasaron por un cancro. A Asociación Cultural San Xurxo de Vea xa colaborou con ela no pasado mes de xuño, cando organizaron conxuntamente unha foliada solidaria, na que se recadaron 2.063€, entregados integramente a ASANOG. Todas as doazóns permítenlles seguir ofrecendo os seus servizos, que levan en funcionamento dende o ano 2012.

Post navigation

Previous: Comeza o XXIII edición do Feito a Man
Next: A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.