займ срочно

A miña peza favorita na Granell con Íñigo Rodriguéz

0

Compostela, 4 de novembro do 2022 – A Fundación Granell presenta unha nova sesión do programa A miña peza favorita, en este caso co comisario de exposicións, crítico de arte e investigador Íñigo Rodríguez.

A peza elixida por Rodríguez é óleo Norte Verdadero do artista Philip West. A partir del o convidado desenvolverá un  surrealista e audiovisual relatorio sobre esta obra e a traxectoria do pintor británico. A cita o vindeiro martes 8 de novembro ás 19:00h

Licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de arte contemporánea. Máster en xestión do patrimonio artístico e arquitectónico, museos e mercado da arte na mesma universidade, e, doutorando na universidade compostelá na actualidade toma como campo de investigación a xestión da arte contemporánea galega en democracia e mercado da arte. Íñigo Rodríguez compaxina o traballo teórico na universidade coa actividade de xestión e divulgación cultural a nivel galego e estatal.

En Galicia traballou nos equipos de coordinación de proxectos como Mulleres en Acción, Violencia Zero da Deputación de Pontevedra (2015-2019), Do camiño vivido da Deputación da Coruña (2018-2019), CreaVigo do concello de Vigo (2018-2019), Somos rúa facemos arte do concello de Carballo (2017-2018) ou da III edición da feira de arte contemporánea Cuarto Público (2015-2016).

Curador residente do espazo compostelán Olalab entre os anos 2017 e 2018. Comisariou as exposicións individuais da artista Mery Pais, Máis alá do estereotipo, na Igrexa da Universidade (2019) e a do escultor Óscar Aldonza na súa exposición Golem no espazo vigués A´postrophe (2020). Colabora con artistas internacionais de recoñecida traxectoria como Antonio Briceño ou Patricia Werneck Ribas.

Forma parte da asociación cultural Idea Bat para a defensa da cultura con sede en Madrid, coa que participou na xestión e curadoría do proxecto Pincoyas xunto coa Universidade do Bío Bío de Chile (2021-2022). Actualmente,  colabora como redactor e columnista da revista dixital especializada en arte contemporánea Arte a un click.

A miña peza favorita é un programa da Fundación Eugenio Granell que se inicia no 1997 e consiste en seleccionar unha ou varias pezas de entre as que forman as Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o convidado elabore un comentario persoal.

Trátase dunha proposta aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación, coma na arte ou na figura de Eugenio Granell.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies