Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • eleccions 2023
  • Xeral

Eleccións23: cisma no socialismo de Ames

O socialismo de Ames divídese coa marcha de Luísa Feijoó, hai catro número dous, que se presentará con Espazo Común.
eleccions-luisa-feijoo-ames-slide-27-marzo-2023_r

Eleccións23, 27 de marzo – O socialismo de Ames divídese coa marcha de Luísa Feijoó, hai catro número dous, que se presentará con Espazo Común, creado no seu día polo tamén socialista Pachi Vázquez.

De esquerda a dereita, Carmela Pardal, Francisco Lamas e Luísa feijó

Desde hai tempo o malestar na agrupación socialista era palpable. Algunhas voces apuntaban a que o acceso á alcaldía de Blas García, número tres, por diante de Luísa Feijoó non sentara ben. A non inclusión na lista electoral foi o detonante para que Feijoó preparara a súa propia candidatura.

A concelleira presentou a pasada semana a renuncia como socialista e , tras presentar aos medios a súa candidatura, foi cesada de inmediato das súas competencias. O novo voceiro socialista será Victor Fernández e Susana Señarís, número dous da lista, a voceira adxunta.

Luísa feijoó explicaba en rolda de prensa o porque da decisión. Acusa ao partido de comportarse, desde a marcha de Miñones, dun xeito personalista que deixa fora aos que non son da corda de un

A xa candidata de Espazo en Común pon ademais en valor o traballo desenvolto nos últimos 8 anos

Na rolda de prensa participaron, ademais de Feijóo, Francisco Lamas, número cinco, e Carmela Pardal, número dez. Todos coinciden que o espírito da formación e mellorar e manter o que se ten, sen grandes proxectos e pensando en especial nun Milladoiro residencial

A lisa que encabeza Luísa Feijoó terá no número dous a Rosa Fernández, que traballa no ámbito sanitario; no tres a Mirela González, unha brasileira chegada a Ames hai tres anos; no catro Rafael Castro e no cinco o xa mencionado Francisco Lamas.

Post navigation

Previous: ADEGA competirá coas hidroeléctricas polo uso dos caudais do Ulla e o Xallas
Next: Negreira terá en seis meses un novo alumeado público

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.