Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Concellos pola gratuidade solicitan audiencia ao Ministro Oscar Puente

concellos gratuidade ap9 3 outubro 2025

Ames, Boiro, Dodro, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira, Concellos pola gratuidade , queren liberar o tramo Padrón Santiago da AP-9


Os Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Ribeira e A Pobra do Caramiñal solicitáronlle unha audiencia ao Ministro de Transportes, Óscar Puente, para reiterar a “vital importancia” da gratuidade do tramo Padrón-Santiago na AP-9, para a área de Santiago de Compostela, o Barbanza e o norte da provincia de Pontevedra.

Estas novas accións, que se realizan de xeito conxunto entre os Concellos asinantes do manifesto pola liberalización da AP-9, anunciáronse onte nunha rolda de prensa feita no auditorio municipal de Padrón.

Desde “Concellos pola gratuidade” lembran a débeda histórica do Estado con Galicia, xerada coa prórroga ilegal da concesión da AP-9 ata o ano 2048, aprobada polo goberno de José María Aznar. Valoran os esforzos do Executivo coa implantación do plan de bonificacións iniciado en 2021, pero consideran que estas medidas son insuficientes: “A nosa veciñanza non pode seguir pagando os erros de gobernos pasados”, denuncian os alcaldes.

A plataforma considera que está en mans do propio Goberno do Estado ser recordado como quen liberou a Galicia da carga das peaxes ou como o que desperdiciou unha oportunidade histórica para transformar a mobilidade dos galegos. O clamor social e os procesos abertos contra a prórroga ilegal, levados a instancias europeas, apuntan cara á gratuidade da AP-9.

Os concellos asinantes do manifesto do 25 de febreiro reclaman unha AP-9 gratuíta de Ferrol a Tui, pero ao mesmo tempo denuncian un agravio comparativo da área de Santiago con respecto ás áreas norte e sur de Galicia.

A AP-9 conta cunha lonxitude total de 219 km, dos cales 50,9 km son sen custo directo para os usuarios: 36,7 km gratuítos e 14,2 km con peaxe en sombra, asumida polo Estado. Só 7,7 km, o 15,13%, corresponden á circunvalación de Santiago, a capital de Galicia e centro clave para miles de persoas en materia de mobilidade, educación, sanidade, laboral, administrativa e institucional.

Por comparación, a área de Vigo acumula máis de 16,7 km gratuítos, incluíndo os tramos Vigo-Puxeiros (11,7 km) e Teis-Vigo (5 km), xunto con 9,1 km de peaxe en sombra no acceso ao Morrazo. Na Coruña hai 5,1 km de peaxe en sombra e en Ferrol 9,1 km gratuítos.

A importancia do tramo Padrón-Santiago

Os 18 km do tramo Padrón-Santiago son fundamentais para mellorar a mobilidade da área de Santiago, o Barbanza e o norte da provincia de Pontevedra. Esta é a única conexión directa e de alta capacidade entre o Barbanza e a capital galega.

O custo deste tramo penaliza diariamente a milleiros de persoas que viaxan por diversos motivos. A súa liberación permitiría unha conexión gratuíta e continua desde a AG-11 (autovía do Barbanza) ata Santiago, sen interrupción por peaxes, beneficiando tamén ao norte da provincia de Pontevedra.

Ademais, permitiría desviar o tráfico pesado e particular de núcleos urbanos como Padrón ou O Milladoiro, mellorando a calidade de vida dos veciños e dinamizando a economía local ao facilitar o transporte de mercadorías por unha vía de alta capacidade, ao tempo que favorece a mobilidade peonil e o comercio ao longo da N-550.

Sobre “Concellos pola gratuidade”

Esta plataforma naceu o 25 de febreiro para reclamar a creación dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e os concellos afectados polas elevadas tarifas da concesionaria da AP-9. En abril, xa denunciou os máis de 210 millóns de euros de beneficios recadados por Audasa en 2024.

Os Concellos asinantes instan o Goberno do Estado a acatar a resolución europea contra a prórroga ilegal da AP-9 e a situarse no lado correcto da historia. O actual executivo pode ser recordado como o que liberalizou a AP-9 para todos os galegos ou como quen permitiu que Audasa continuase lucrándose a costa da cidadanía.

Post navigation

Previous: Reclaman máis apoio ao emprego para as persoas con trastorno mental
Next: Carmen Calvo abre os Luns do Ateneo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.